João Luís Barreto Guimarães, nado no Porto o 3 de xuño de 1967, é un médico, tradutor e poeta portugués .

Traxectoria

Nacemento e formación Nado na cidade do Porto, o 3 de xuño de 1967. Estudou na Universidade do Porto, onde se licenciou en Medicina e Cirurxía.

Destacou como poeta e tradutor, publicando o seu primeiro libro de poemas, Há Violinos na Tribo, en 1989. En 2019 publicou a antoloxía O Tempo Avança por Sílabas, conmemorando os seus trinta anos de carreira como escritor, onde recompilou cen poemas. As súas obras foron publicadas en varias antoloxías e revistas sobre literatura, en Portugal, España, Francia, Bélxica, Países Baixos, Reino Unido, Alemaña, Austria, Italia, Hungría, Bulgaria, Romanía, Eslovenia, Croacia, Montenegro, Macedonia, México, Uruguai, República Dominicana, Estados Unidos de América e Brasil. A súa obra Mediterrâneo tamén foi publicada en español. Tamén edita o blog Poesia & Lda onde traduce e comenta varios poemas de autores contemporáneos.

Traballa como médico no Centro Hospitalario de Vila Nova de Gaia, especializado en cirurxía plástica, reconstrutiva e estética.

Casou coa oncóloga Teresa Barreto Guimarães.

Obras publicadas

Há Violinos na Tribo (1989). Ed. de Autor, prólogo de Arnaldo Saraiva Rua Trinta e Um de Fevereiro (1991). Limiar Este Lado para Cima (1994). Limiar Lugares Comuns (2000). Mariposa Azual 3 [reunión dos tres primeiros libros] (2001). Gótica Assinar a Pele (antologia de poesia contemporânea sobre gatos) (Org.) (2001). Assírio & Alvim Rés-do-Chão (2003),.Gótica Luz Última (2006). Livros Cotovia A Parte pelo Todo (2009). Quasi Poesia Reunida (2011). Quetzal Editores, posfacio de José Ricardo Nunes Você está Aqui (2013). Quetzal Editores Mediterrâneo (2016). Quetzal Editores. En castelán Mediterráneo, Vaso Roto. Nómada (2018), Quetzal Editores O Tempo Avança por Sílabas (2019). Quetzal Editores Movimento (2020). Quetzal Editores Claridade (2024). Quetzal Editores

Premios

1992: Premio de Creatividade das Nacións Unidas. 2017: Premio Nacional de Poesía António Ramos Rosa, organizado polo Concello de Faro, polo seu libro Mediterrâneo. 2019: Premio Bertrand ao Libro de Poesía do Ano pola súa obra Nómada. 2019-2020: dúas veces finalista do Premio Literario Italiano Camaiore, despois de ser nomeado en 2019 pola obra Mediterrâneo, e en 2020 pola obra Nómada. 2020,: A versión inglesa do seu poemario Mediterrâneo recibiu o premio Willow Run Poetry Book Award, outorgado pola editorial Hidden River Press, que se encargaría da publicación do libro nos Estados Unidos de América. Foi o primeiro autor de orixe non estadounidense en recibir este premio. 2022: Premio Pessoa. Notas

Categoría:Nados no Porto Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Médicos de Portugal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade do Porto Categoría:Escritores en lingua portuguesa