Narciso Aloguin Benedito, nado en Barcelona o 18 de xaneiro de 1884 e finado en Tortosa en 1949, foi un mestre e político catalán.
Traxectoria
Despois do bacharelato, fixo maxisterio na Escola Normal de Tarragona e obtivo o título de mestre elemental en abril de 1908. Exerceu como mestre en Pinell de Brai (Terra Alta) (1908-1913), La Galera (Montsià) (1913-1915) e Vizcaínos (Burgos) (1917-1918). Mentres tanto continuou a súa formación e obtivo o título de mestre superior na Escola Superior de Maxisterio de Madrid en xullo de 1918. Foi trasladado á Escola Normal das Illas Canarias en novembro de 1918, onde exerceu como profesor numerario de física, química, historia natural e agricultura.
Foi profesor da Escola Normal de Guipúscoa, da que foi nomeado director en marzo de 1933.El Magisterio Español, 1-4-1933, p. 2. En 1934 pasou á Escola Normal de Lugo como profesor de matemáticas, da que tamén foi director dende xuño de 1936.El Ideal Gallego, 26-6-1936, p. 5. Era ademais profesor axudante de debuxo no Instituto de Lugo. Militante de Izquierda Republicana, foi elixido vogal de IR de Lugo en xuño de 1934.El Progreso, 13-6-1934, p. 6. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Lugo. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. Foi suspendido de emprego e soldo en novembro de 1936,BOE, 6-11-1936, p. 119. e separado definitivamente do servizo e baixa na escala en febreiro de 1937.BOE, 7-3-1937, p. 624. Pasou a guerra na zona leal e marchou a Francia. Reingresou no servizo activo como profesor de Escola Normal por decreto da República en febreiro de 1938.Gaceta de la República, 27-2-1938, p. 1080-1081. Ao rematar a guerra regresou a Lugo e abríronlle expediente de responsabilidades políticas; como consecuencia foi condenado a catro anos de inhabilitación e pago dunha multa de 150 pesetas. Revisado o seu expediente de depuración, reincorporouse ao servizo activo por Orde ministerial de 23 de maio de 1947, e o 4 de agosto dese ano foi sancionado e trasladado fóra da provincia de Lugo, sen poder solicitar vacantes durante un ano e inhabilitado para cargos directivos e de confianza.BOE, 21-7-1947, p. 4121. Incorporouse á Escola Normal de Pontevedra en decembro de 1947.BOE, 12-12-1947, p. 6559. Morreu dous anos despois.A escola de Papín Vida persoal
Casou con Ana Roig Artola e foi pai de Teresa, Santiago, Narciso (finado en 1940),El Progreso, 8-12-1940, p. 4. Juan Luis e Ramón Aloguin Roig.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en represión franquista en Lugo Expediente de responsabilidade política nº 68/1940 de José Vázquez Fernández Pimentel e Narciso Aloguín Benedicto Entrevista biogàfica: Tere Aloguin, una dona amb història
Categoría:Profesores de Cataluña Categoría:Políticos de Izquierda Republicana Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1948