Santa María de Couso de Limia é unha das tres parroquias que forman o concello de Sandiás, situado na comarca da Limia, provincia de Ourense. Segundo o INE, en 2025 tiña 368 habitantes (180 homes e 188 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 468 habitantes.
Patrimonio No Couso, lugar que dá nome á parroquia, atópanse a igrexa de Santa María de estilo románico con posteriores reformas do século XVII, e o pazo do Telleiro do século XVIII.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Couso de Limia
Parroquias de Sandiás
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sandiás
Categoría:Parroquias de Sandiás Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María