En psicoloxía, a tríade escura da personalidade refírese á suma de tres trazos de personalidade; o narcisismo, o maquiavelismo e a psicopatía. Este modelo foi formulado por Delroy L. Pauhlus e Kevin M. William en 2002Paulhus, D. L. & Williams, K. M. (2002). The dark triad of personality: Narcissism, Machiavellianism, and psychopathy. Journal of Research in Personality, 36 (6): 556-563. e as súas tres compoñentes comparten un núcleo de manipulación, inestabilidade e egoísmo. Estes autores, aseguran que estas tres personalidades comparten unha serie de características que simbolizan un carácter malévolo socialmente con tendencias de conduta cara a autopromoción, frialdade emocional, duplicidade e agresividade.

A investigación sobre a tríade escura utilízase na psicoloxía aplicada, especialmente nos ámbitos da psicoloxía criminal, a psicoloxía clínica e a xestión empresarial. As persoas que puntúan alto nestes trazos son máis propensos levar a cabo condutas antisociais ou crear problemas graves para unha organización, sobre todo si atópanse en posicións de liderado. Tamén tenden a ser menos compasivos, agradables, empáticos, e menos propensos a sentirse satisfeitos coas súas vidas e a crer que eles e outros son bos.Navas, M. P., Férriz, L., Cutrín, O., Maneiro, L., Gómez-Fraguela, X. A., & Sobral, J. (2020). Cogniciones en el lado oscuro: desconexión moral, tríada oscura y conducta antisocial en adolescents. Revista Latinoamericana de Psicología, 52, 131-140. Nas relacións de parella, as persoas con trazos deste tipo adoitan realizar abusos e malos tratos psicolóxicos (chantaxes, humillacións, ameazas, abusos de superioridade, coaccións) que provocan unha dinámica de dominación-submisión sobre a parella, aínda que poucas veces empregan a forza física, salvo que non teñan outra opción para alcanzar os seus fins.Wolfsberger, Frieder. La tríada oscura de la personalidad. Mente y cerebro, 2015, vol. 75, p. 46-52.

Compoñentes dereita|miniatura|300px|Esquema explicativo dos trazos da tríade escura. O tres trazos da tríade escura son conceptualmente distintos, aínda que a evidencia empírica suxire que están estreitamente relacionados. Están asociados cun estilo interpersoal insensible-manipulador.Jones, D. N. & Paulhus, D. L. (2014). Introducing the Short Dark Triad (SD3): A Brief Measure of Dark Personality Traits. Assessment, 21 (1): 28-41.

Maquiavelismo Foi definido a partir do exposto por Nicolás Maquiavelo na súa obra O Príncipe (1513/1991),Maquiavelo, N. (1991). El príncipe (9ª reimpr., M. A. Granada, Trad.). Alianza Editorial (Obra original publicada en 1513). por parte de Richard Christie e Florence Geis en 1970. O maquiavelismo corresponderíase con persoas que son oportunistas, calculadoras, manipuladoras, emocionalmente insensíbeis, cun certo encanto social e que intentan manter unha boa imaxe da comunidade na que viven.

Narcisismo O narcisismo foi identificado por Raskin e Hall (1979) baseándose na figura mitolóxica de Narciso. Este é descrito como alguén moi atractivo que levantaba paixóns entre as mulleres e as ninfas, ante as que el mostrábase insensible. Estas pediron a Némesis (a deusa da vinganza) que interviñera e fixo que Narciso se namorara da súa imaxe. Un día caeuse a auga dun lago xa que non se podía deixar de mirarse.Reglà Jiménez, V., Tomàs Budó, R., Cintas Zuazua, G. y Borrel Rufias, P. (2012). Narciso. En J. Induráin Pons (Dir.), Diccionario de Culturas Clásicas (p. 261). Vox.

Este construto acabouse de definir por Morf e RhodewaltMorf, C. C. y Rhodewalt, F. (2001). Unravelling the Paradoxes of Narcissism: A Dynamic Self-Regulatory Processing Model. Psychological Inquiry, 12, 177-196. https://dx.doi.org/10.1207/S15327965PLI1204_1 baseándose nos trazos de grandiosidade e vulnerabilidade.

Posteriormente foron aparecendo outros modelos que interpretan estes trazos a partir da rivalidade e da admiración. Súmanse tamén trazos como o baixo autocontrol, impulsividade,Emmons, R. A. (1987). Narcissism: theory and measurement. Journal of personality and social psychology, 52(1), 11. conduta antisocial, ausencia de moralidade, falta de remordemento e alta autoestima que os leva a crerse mellores que os demais.

Psicopatía Non existe un acordo sobre como definir a psicopatía, pero iso non fai que este concepto sexa relevante, debido a que, seguindo os criterios máis empregados, a porcentaxe de psicópatas na poboación mundial estaría entre o 1 e o 3%. Por outra banda, se falamos de poboación reclusa, a porcentaxe de psicópatas ascende ao 15-20%.American Psychicatric Association (2014). Manual Diagnóstico y Estadístico de los Trastornos mentales, DSM-5. Editorial Médica Panamericana. Polo tanto, a psicopatía ten gran relevancia respecto a probabilidade de cometer condutas antisociais ou criminais.Garrido, V. (2006). El psicópata (7ª ed.). Algar.

A psicopatía non é un único trazo da personalidade, é un conxunto de trazos da personalidade e un conxunto de estilos cognitivos, polo tanto, a psicopatía e a suma destes trazos e estilos.Dorta Lorenzo, E. y De Santiago Herrero, F. J. (2020).Etiología y clasificación de la psicopatía. En F. J. De Santiago Herrero, N. C. Rovelo Escoto y L. M. Sánchez-Gil (Coords.), La psicopatía. Un enfoque multidisciplinar (pp. 63-84). McGraw-Hill.

O instrumento para medir a psicopatía no ámbito penitenciario e académico e a PCL-R (Psycopathy Check List – Reviewed).Hare, R. D. (2003). The psychopathy checklist–Revised. Toronto, ON, 412. Este instrumento consta de 20 áreas de exploración entre as que destacan a locuacidade e encanto superficial, mentira patolóxica, impulsividade e falta de empatía entre outras.Arostegui Moreno, J. A. y De Santiago Herrero, F. J. (2020). Recorrido Histórico-crítico del concepto de psicopatía. En F. J. De Santiago Herrero, N. C. Rovelo Escoto y L. M. Sánchez-Gil (Coords.), La psicopatía. Un enfoque multidisciplinar (pp. 13-84). McGraw-Hill. Se a característica aludida en cada unha destas áreas conclúese que está claramente presente, puntúase cun 2; cando está algo presente pero non demasiado puntúase cun 1; mentres que cando non está presente puntúase cun 0. A máxima puntuación que se pode obter e de 40 puntos, pero en termos xerais, a práctica forense máis común e considerar psicópatas a aqueles que alcanzan 30 puntos ou máis, mentres que entre 20 e 30 puntos estamos autorizados a falar de tendencia psicopática.Pozueco Romero, J. M., Romero Guillena, S. L. y Casas Barquero, N. (2011). Psicopatía, violencia y criminalidad: un análisis psicológico-forense, psiquiátrico-legal y criminológico (Parte I). Cuadernos de Medicina Forense, 17(3), 123-136.

A pesar de que os porcentaxes anteriormente detallados parecen pequenos, seguen sendo moitos. Isto precisa a inclusión co termo psicópata integrado, que son aqueles psicópatas que non teñen problemas coa lei, é dicir, a gran maioría de psicópatas non chegan a ter rexistros delituosos. Por outra banda, a verdade complementaria a isto é que a maioría dos individuos que levan a cabo condutas antisociais ou delituosas non son psicópatas.

Instrumentos e modelos empregados para estudar a tríade Escura Dende a súa aparición, a tríade foi moi debatida e criticada. Por iso, é crucial coñecer os principais modelos e instrumentos que colaboran na comprensión dimensional dos trazos que compoñen a tríade escura da personalidade e que son o sustento para elaborar este termo. Estes instrumentos principalmente son o Five Factor Model, o HEXACO e o Supernumerary Personality Inventory.González, F. R. (2015). La tríada oscura de la personalidad: maquiavelismo, narcisismo y psicopatía. Una mirada evolutiva. Revista Criminalidad, 57 (2): 253-265.

Five Factor Model Ao estudar a relación entre a tríade e o coñecido modelo dimensional dos cinco factores da personalidade ou os cinco grandes; composto por neuroticismo, extraversión, apertura a experiencia, amabilidade e responsabilidade,Costa Jr., P. T., McCrae, R. R. & Dye, D. A. (1991). Facet scales for agreeableness and conscientiousness: a revision of the NEO personality inventory. Personality and Individual Diff erences, 12 (9): 887-898. encontrouse que a tríade está asociada negativamente á amabilidade e á responsabilidade.Furnham, A., Richards, S. C. & Paulhus, D. L. (2013). The Dark Triad of personality: A 10 year review. Social and Personality Psychology Compass, 7 (3): 199-216.

As asociacións entre os trazos da tríade e os cinco grandes foron para o narcisismo con baixa modestia e sinceridade, mentres que na psicopatía resultou ser baixa deliberación e baixo sentido do deber. En relación coa conciencia, o narcisismo asóciase co logro-esforzo e competencia, mentres que na psicopatía foron baixo sentido do deber e deliberación.Miller, J. D., Dir, A., Gentile, B., Wilson, L., Pryor, L. R. & Campbell, W. K. (2010). Searching for a vulnerable dark triad: Comparing factor 2 psychopathy, vulnerable narcissism, and borderline personality disorder. Journal of Personality, 78 (5): 1529-1564.

HEXACO A introdución da tríade produciuse pouco despois da construción dun modelo de seis dimensións de trazos da personalidade, o HEXACO. Este engade ao modelo dos cinco grandes o trazo de honestidade/humildade, que é esencial para a tríade xa que contrasta explicitamente as condutas prosociais e antisociais.

Proponse que unha óptima predición e compresión dos criterios variables pódese lograr empregando os factores do HEXACO, cousa que non sucede se empregamos os factores do modelo dos cinco grandes.Lee, K. & Ashton, M. C. (2014). The Dark Triad, the Big Five, and the HEXACO model. Personality and Individual Diff erences, 67: 2-5.

Short Dark Triad (SD3) Tendo en conta a lonxitude dos instrumentos que se empregan para medir a tríade, é comprensible por que algúns investigadores poden ser rexeitar incluír os tres trazos nun só estudo. Incluso ao empregar as versións máis curtas para avaliar cada trazo, o número de elementos a avaliar é alto, facendo máis difícil a investigación en situacións nas que o tempo e o espazo son un ben moi escaso.

Neste contexto, Jones & Paulhus manifestan que para un uso práctico é necesario un instrumento curto, válido e fiable da tríade, necesidade que motivou o desenvolvemento da escala Short Dark Triad (SD3). Estes autores afirman que os tres estudos que realizaron indican que o SD3 proporciona medidas eficaces, fiables e válidas da tríade.Jones, D. N. & Paulhus, D. L. (2014). Introducing the Short Dark Triad (SD3): A Brief Measure of Dark Personality Traits. Assessment, 21 (1): 28-41.

Tétrade Escura da Personalidade A última aportación neste eido é a tétrade escura da personalidade, que consiste en sumarlle á tríade escura o sadismo, xa que inclúese o desfrute. Isto se debe a que algunhas investigacións concluíron que os trazos típicos da tríade escura poden ser adaptativos nalgúns ambientes.

O cuarto trazo sumado a tríade é o sadismo cotián. O sadismo defínese coma o comportamento de satisfacción ao inflixir sufrimento aos demais. Os individuos sádicos son crueis e buscan actividades de carácter abusivo constantemente.

Na Tétrade Escura, o sadismo desvinculouse da sexualidade e aseméllase máis a un sadismo de baixa intensidade centrado na insensibilidade e no desfrute da crueldade.

Exemplo nun caso real