Lucio Dalla, nado en Boloña o 4 de marzo de 1943 e finado o 1 de marzo de 2012, foi un cantautor, músico e actor italiano. Tamén tocaba o clarinete e os teclados.
Foi o compositor de "Caruso" (1986), unha canción dedicada ao tenor de ópera italiano Enrico Caruso, e "L'anno che verrà" (1979).
Traxectoria Dalla comezou a tocar o clarinete moi novo, nunha banda de jazz de Boloña, e na banda local chamada Rheno Dixieland Band, xunto co futuro director de cine Pupi Avati. Avati dixo que decidiu deixar a banda após sentirse abrumado polo talento de Dalla. Tamén recoñeceu que a súa película, Ma quando arrivano le ragazze? (2005),se inspirou na súa amizade con Dalla.
Na década de 1960, a banda participou no primeiro Festival de Jazz en Antibes, Francia e gañou o premio na categoría de banda de jazz tradicional (trad jazz). Alí participou a banda romana Second Roman New Orleans Jazz Band, coa que Dalla gravou o seu primeiro disco en 1961 e tivo os primeiros contactos con RCA Records, a súa futura discográfica.
O cantautor Gino Paoli, ao escoitar a voz de Dalla, suxeriulle que tentase unha carreira solista como cantante de soul. Porén, a estrea de Dalla no festival Cantagiro en 1965 non tivo éxito, probabelmente debido tanto á súa aparencia física como á súa música, considerada demasiado experimental para a época. O seu primeiro sinxelo, unha versión en lingua italiana do tradicional estadounidense "Careless Love", foi un fracaso, o mesmo que o seu primeiro álbum, 1999, de 1966. O seu seguinte álbum, Terra di Gaibola (do nome dunha fracción de Boloña), foi lanzado en 1970 e contiña algúns dos primeiros clásicos de Dalla. O seu primeiro éxito foi "4/3/1943", e acadou certo éxito debido ao Festival de San Remo. O título orixinal da canción ía ser "Gesù bambino", mais neses anos aínda había unha forte censura sobre o contido das cancións, e o título cambiouse á data de nacemento de Dalla.
Con Roberto Roversi
O debut discográfico de Dalla como solista tivo lugar en 1964, co sinxelo "Lei (non è per me)". Na década de 1970, Dalla comezou unha colaboración co poeta boloñés Roberto Roversi. Este escribiu a letra dos seguintes tres álbums de Dalla: Il giorno aveva cinque teste (1973), Anidride solforosa (1975) e Automobili (1976).
Aínda que os álbums non se venderon en grandes cantidades, foron resaltados pola crítica pola infrecuente mestura das letras de Roversi coas improvisacións de Dalla, e seus xiros ás veces experimentais. O dúo xa se separara cando se lanzou o álbum conceptual Automobili. Roversi, que estivera en contra do lanzamento, escolleu o pseudónimo "Norisso" para rexistrar as cancións. O álbum incluíu unha das cancións máis populares de Dalla, "Nuvolari", o nome do famoso piloto de carreiras italiano dos anos 30.
Carreira en solitario miniatura|Lucio Dalla (dereita) sentado no Teatro Comunale de Boloña, xunto ao produtor musical Gianluigi Salvioni. Afectado polo fin da colaboración, Dalla decidiu escribir el mesmo as letras dos seguintes álbums. O primeiro desta nova etapa foi Com'è profondo il mare (1977), no que estivo acompañado por membros da futura banda pop Stadio.
En 1979, a súa popularidade confirmouse co éxito de Banana Republic e o primeiro de dous álbums homónimos: Lucio Dalla, seguido de Dalla en 1980.
A canción "Caruso", lanzada en 1986, foi versionada por artistas internacionais como Luciano Pavarotti e Julio Iglesias. A versión de Pavarotti vendeu máis de 9 millóns de copias, e outra versión foi unha canción do primeiro álbum internacional de Andrea Bocelli, Romanza, que vendeu máis de 20 millóns de copias en todo o mundo. Maynard Ferguson tamén versionou a canción no seu álbum "Brass Attitude", despois de renderlle homenaxe a Caruso coa súa interpretación de "Vesti la giubba" no álbum Primal Scream.Maynard Ferguson, "Primal Scream", CD (Columbia Records, 1976)
O sinxelo de 1990 "Attenti al lupo" foi un éxito en Europa e foi convidado a facer un dueto en Pavarotti & Friends, cantando o seu éxito "Caruso" con Pavarotti.
En 2010, Dalla volveu traballar con Francesco De Gregori na xira e o álbum Work in Progress. As principais influencias de Dalla atopábanse no jazz, pero as súas cancións abarcaban do folk ("Attenti al lupo") e o pop ("Lunedì"), ou cantautores italianos (os álbums desde Com'è profondo il mare ata Dalla) até a música clásica e a ópera ("Caruso").
Discografía miniatura|Lucio Dalla na década de 1980 A discografía de Dalla inclúe vinte e dous álbums de estudio para o mercado italiano, un Qdisc, nove álbums en directo, varias coleccións e varios álbums para o mercado estranxeiro.
1999 (1966) Terra di Gaibola (1970) Storie di casa mia (1970) Il giorno aveva cinque teste (1973) Anidride solforosa (1975) Automobili (1976) 4 Marzo 1943 (1976) Com'è profondo il mare (1977) Lucio Dalla (1979) Quel fenomeno di Lucio Dalla (1979) Banana Republic (1979, with Francesco De Gregori and Rosalino Cellamare) Dalla (1980) Lucio Dalla (Q Disc) (1981) Torino, Milano e dintorni (1981) Gli anni Settanta (1981) 1983 (1983) L'album di Lucio Dalla (1983) Viaggi organizzati (1984) Bugie (1985) The best of Lucio Dalla (1985) DallameriCaruso (1986) Dalla/Morandi (1988) Cambio (1990) Il motore del 2000 (1990) Il primo Lucio Dalla (1990) Amen (1992) Henna (1993) Maria Farantouri sings Lucio Dalla (1995) Le origini (1996) Canzoni (1996) Ciao (1999) Luna Matana (2001) Live@RTSI – 20 dicembre 1978 (2001) Dal vivo – Bologna 2 settembre 1974 (2001) Caro amico ti scrivo... (Best of) (2002) Tosca. Amore disperato (2003) Lucio (2003) 12000 Lune (Best of/Box Set) (2006) Il contrario di me (2007) Angoli nel cielo (2010) Questo è amore (2011)
Filmografía Dalla participou como actor en dezasete filmes e foi director musical doutros dezasete. Esta é unha lista de DVDs de concertos de música:
Live@RTSI – 20 de decembro de 1978 (2001) Retrospectiva (2003) En concerto (2004) República bananera (2006) Tu Non Basti Mai (2009)
Vida persoal Dalla foi declarado gai despois do seu funeral, no que falou o seu socio e compañeiro Marco Alemanno, con quen compartira casa; el non o recoñecera publicamente durante a súa vida, dicindo nunha entrevista de 1979 "Non mi sento omosessuale" ("Non me sinto gai"). Esta declaración provocou un debate sobre as actitudes da sociedade italiana cara á homosexualidade.
Dalla era abertamente de esquerdas e tamén católico romano practicante.
Honras
Comandante da Orde do Mérito da República Italiana, "Por proposta da Presidencia do Consello de Ministros" – 27 de decembro de 1986 Gran Oficial da Orde do Mérito da República Italiana, "Por iniciativa do Presidente da República " – 3 de novembro de 2003 Honoris causa en Disciplinas das Artes, Música e Espectáculo pola Facultade de Letras e Filosofía, Alma Mater Studiorum - Universidade de Boloña. miniatura|A Piazza Maggiore Square en Boloña, onde se celebrou o funeral de Dalla e ao que asistiron unhas 50.000 persoas. Morte Na mañá do 1 de marzo de 2012, tres días antes de facer 69 anos, Dalla morreu dun ataque ao corazón, pouco despois de almorzar no hotel onde se aloxaba en Montreux, Suíza, despois de actuar na cidade a noite anterior. Estaba en compañía de Marco Alemanno. Estimouse que 50.000 persoas asistiron ao seu funeral en Boloña.
A canción de Dalla dedicada ao tenor Caruso, entrou na lista italiana de sinxelos logo da morte do seu creador, chegando ao número dous durante dúas semanas consecutivas. O sinxelo tamén foi certificado como platino pola Federación da Industria Musical Italiana.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en 1943 Categoría:Cantantes de Italia Categoría:Nados en Boloña