Peter Temin, nado o 17 de decembro de 1937 e finado o 4 de agosto de 2025, foi un economista e historiador económico, profesor emérito Economía no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), onde tamén foi director do Departamento de Economía.

Traxectoria e contribucións Temin licenciouse no Swarthmore College en 1959 e obtivo o doutoramento no MIT en 1964. A comezos das décadas de 1960 e 1970 publicou diversos traballos sobre a historia económica estadounidense do século XIX, entre eles The Jacksonian Economy (1969), Causal Factors in American Economic Growth in the Nineteenth Century (1975) e Reckoning with Slavery (1976), unha análise da economía escravista e os seus efectos. Os seus artigos da década de 1960 amosan un intenso estudo empírico como parte do seu método de traballo, incluíndo a composición dos produtos de ferro e aceiro, que máis tarde formaría parte da súa análise do desenvolvemento industrial. Continuou a súa investigación sobre a industrialización do século XIX con Engines of Enterprise.

Dúas das conclusións máis citadas de Temin neste ámbito son a relación entre a escaseza de man de obra e o desenvolvemento económico, e o papel dos modelos de equilibrio xeral no estudo da historia económica. Estas conclusións foron aplicadas no estudo do ciclo económico no século XIX.

As conclusións do seu artigo de 1971 sobre os bancos centrais e os programas de benestar económico e benestar social anticiparon o que probablemente sería o seu traballo máis influente e coñecido: Did Monetary Forces Cause the Great Depression? (1976). Nesta obra formulou a hipótese de que non foron principalmente as actuacións da Reserva Federal en resposta á recesión de 1930 as que converteron esa crise na máis profunda da época económica moderna, senón unha caída autónoma da demanda. Retomou esta tese no seu libro de 1989 Lessons from the Great Depression e publicou varios artigos que desenvolvían aquelas conclusións. Nun certo sentido, sumouse ás conclusións de Keynes e Friedman: a Gran Depresión comezou con problemas na «economía real» que máis tarde se estenderon ao mundo financeiro mediante a especulación e a destrución monetaria (véxase tamén a análise de Rondo Cameron sobre o wildcat banking).

O seu estudo empírico de 1987 sobre a AT&T, titulado The Fall of the Bell System, influíu na forma en que se perciben as novas empresas emprendedoras.

Vida persoal e pasamento Temin era irmán do falecido xenetista Howard Temin, galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1975 polo descubrimento da transcriptase inversa. Era xudeu. Finou o 4 de agosto de 2025, aos 87 anos.

Publicacións Iron and Steel in Nineteenth Century America: An Economic Inquiry. Cambridge: M.I.T. Press, 1964. The Jacksonian Economy. New York: W.W. Norton, 1969. The New Economic History (ed.). Penguin Books, 1972. Causal Factors in American Economic Growth in the Nineteenth Century. London: Macmillan, 1975. Did Monetary Forces Cause the Great Depression? New York: W.W. Norton, 1976. Reckoning with Slavery. New York: Oxford University Press, 1976 (with Paul David, Herbert Gutman, Richard Sutch, and Gavin Wright). Taking Your Medicine: Drug Regulation in the United States. Cambridge: Harvard University Press, 1980. The Fall of The Bell System: A Study in Prices and Politics. New York: Cambridge University Press, 1987.

Inside the Business Enterprise: Historical Perspectives on the Use of Information (ed.). Chicago: University of Chicago Press, 1991. Industrialization in North America (ed.), Vol. 6 of R. A. Church and E. A. Wrigley (eds.), The Industrial Revolutions. Oxford: Blackwell, 1994. The European Economy Between the Wars. Oxford: Oxford University Press, 1997 (with Charles Feinstein and Gianni Toniolo), translated into Italian as L'economia europea tra le due guerre (Laterza, Roma-Bari 1998). Learning by Doing in Markets, Firms, and Nations (eds.). Chicago: University of Chicago Press, 1998 (with Naomi R. Lamoreaux and Daniel M. G. Raff). Elites, Minorities, and Economic Growth (eds.). Amsterdam: Elsevier, 1999 (with Elise S. Brezis). Engines of Enterprise: An Economic History of New England (ed.). Cambridge: Harvard University Press, 2000. The World Economy Between the Wars. Oxford: Oxford University Press, 2007 (with [Charles Feinstein and] Gianni Toniolo). Reasonable Rx: How to Lower Drug Prices. FT Press, 2008 (with Stan Finkelstein).

Prometheus Shackled: Goldsmith Banks and England's Financial Revolution after 1700, Oxford University Press, USA, 2013 (with Hans-Joachim Voth). The Leaderless Economy: Why the World Economic System Fell Apart and How to Fix It, Princeton University Press, 2013 (with David Vines). Keynes: Useful Economics for the World Economy, co-author David Vines, MIT Press (2014) The Vanishing Middle Class: Prejudice and Power in a Dual Economy, MIT Press (March 2017)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Finados en 2025 Categoría:Historiadores económicos