O Taro Branco é unha formación xeolóxica galega de rocha calcaria. Ao miralo dende o lonxe cando lle da o sol, despide un brillo branco, de aí o seu nome. Está situado ao norte da aldea de Vilasibil, no concello de Folgoso do Courel. No cume do afloramento, a altitude máxima é duns 1.207 metros sobre o nivel do mar, o que permite observar gran parte do Courel. No mesmo teso, pero fóra do taro, a pouco máis de 1 km ao sueste, está o vértice xeodésico chamado O Taro Branco, cunha altitude de case 1.228 m.

Notas

Categoría:Montañas de Galicia Categoría:Formacións xeolóxicas