Antón Bouzán Cumplido, nado en Ourense o 30 de outubro de 1995, é un baloncestista profesional galego. Xoga nas posicións de base e escolta e dende 2025 xoga en La Salud Archena da liga LEB Prata.

Traxectoria Bouzán é un base formado no Club Baloncesto Noia e consolidado na canteira do Club Baloncesto Rosalía de Castro co que chegou a xogar durante catro tempadas en Liga EBA.Ficha en muevetebasket

Logo de salientar no conxunto galego, na tempada 2017-18 asina polo CB Agustinos Eras de León (categoría LEB Prata), equipo no que disputou un total de 29 partidos e cunha media de 16:33 minutos en cancha, 56'2% en tiros de dous e 3,3 rebotes.Antón Bouzán y Juan Oliva militarán en el Agustinos Eras

No verán de 2018, asina co Oviedo Club Baloncesto da LEB Ouro tras realizar unha gran tempada en Leb Prata.Liberbank Oviedo comienza la pretemporada a las órdenes de Javi Rodríguez

Durante as tempadas 2019-20 e 2020-21, xogaría no Albacete Basket da liga LEB Prata. Nesta última campaña rexistrou medias de 11.6 puntos e 2.2 rebotes.

O 2 de agosto de 2021, asina polo CB Clavijo da liga LEB Prata,cbclavijo.com De Ourense al mundo pasando por Logroño, consultado en agosto de 2021 realizando unhas medias de 7.6 puntos e 1 rebote. O 1 de xullo de 2022, asina polo CB Benicarló da liga LEB Prata,cbclavijo.com El escolta orensano es la primera incorporación para CB Benicarló, consultado en xullo de 2022 logrando medias de 6.6 puntos e 1.1 rebotes na tempada 2022-23.

Na campaña 2023-24 asina polo CB Salou da liga LEB Prata, rexistrando 8.5 puntos e 1.7 rebotes por partido.

O 26 de xullo de 2024, asina polo Club Bàsquet Sant Antoni da liga LEB Prata, onde disputa 15 partidos con medias de 3.7 puntos. O 29 de xaneiro de 2025 asina con La Salud Archena da Segunda FEB, onde logra medias de 5.5 puntos e 1.9 rebotes por encontro até a finalización da tempada 2024-25.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en FEB.es Estatísticas do xogador en promosport

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1995 Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores do CB Clavijo Categoría:Xogadores do Albacete Basket Categoría:Xogadores do CB Rosalía de Castro Categoría:Xogadores do Oviedo CB