Andrea Cid Freire, tamén coñecida como Andrea Freire, nada en Ourense en 1989, é unha escritora e mestra galega.
Traxectoria
É mestra, monicrequeira e escritora dedicada ao mundo infantil.
Obras
Álbum ilustrado
LUUUME! (2022). Allariz: Antela Ed. Ilustracións de Laura Miranda Moreno. 44 páxs. ISBN 9788409368105. A historia do pequeno Misto, que sempre está enfadado.
Teatro
Manchea (2025). A Coruña: Baía Ed. 72 páxs. ISBN 978-84-9995-464-6. Ilustracións de Lola Villa Pérez. É un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non.
Premios
2024: XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (categoría infantil), por Manchea.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1989 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega