A Asociación Deportiva Ourense Hockey Club é un club deportivo de hóckey sobre herba e hóckey sala da cidade de Ourense.
Historia Fundouse o 30 de setembro de 1994. En 1997 consegue o seu primeiro éxito no campionato de España xuvenil feminino de hóckey sala celebrado en Donostia, ao acadar a medalla de prata. No ano 2000 logra o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre herba feminino español, a División de Honra, ao gañar o Campionato de España de 1ª División celebrado en Bilbao. Na súa primeira tempada en División de Honra, a tempada 2000-01, quedan terceiras, e ese mesmo ano son subcampioas da Copa da Raíña, o que lles permite participar na Copa de Europa de Campións de Copa e solicitar para Ourense á Federación Europea de Hockey a organización do torneo oficial o ano 2002, no que o Ourense HC consegue a cuarta posición. Volveron quedar subcampioas de Copa en 2003 e 2004. Na tempada 2001-02 da liga volven terminar terceiras, e na 2002-03 e a 2003-04, cuartas.Historia Ourense HC
Premios e galardóns A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia nomeouno mellor club feminino do ano en 2001 e 2002.
Notas
Categoría:Equipos de hóckey herba de Galicia Categoría:Deporte en Ourense