José María Fátima Ben-Alí, nado na Habana (Cuba) cara a 1891, e finado en Lugo o 4 de febreiro de 1941, foi un xornaleiro e político cubano.
Traxectoria Residía en Santander. En xullo de 1936 estaba en Becerreá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 28 de agosto. Procesado na causa 190/37 xunto con Abel Valcárcel Puente, Jesús Salvador García Vázquez, Luis García Vázquez, Ricardo García Santín, Emilio Núñez Cabana, Isidro Valentín Gómez Gerbolés, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José González Rivero, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938; José María foi condenado a pena de morte conmutada por cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión de Lugo, onde morreu o 4 de febreiro de 1941. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas,BOP Lugo, 29-10-1941, p. 4. e foi condenado ao pago de 100 pesetas de multa.BOP Lugo, 22-4-1942, p. 4.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de José María Fátima Ben Alí Peza separada de responsabilidade civil contra José María Fátima Ben Alí Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1941