Agustín Nogueras Pitarque, nado en Alcolea de Cinca o 25 de xullo de 1786 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 23 de xaneiro de 1857, foi un militar e político español.

Traxectoria Fillo de Joaquín Nogueras e de Agustina Pitarque, ingresou no exército e foi tenente con dezaoito anos xa en plena Guerra da Independencia. Participou no sitio de Zaragoza e despois desempeñou varias misións tratando de mobilizar a resistencia antifrancesa. En 1814 parte a Suramérica e participa en accións militares que tratan de sufocar as rebelións dos Vicerreinatos en Venezuela. En Porto Rico pouco despois casa con Asunción Gautier. De regreso a España xa finado Fernando VII é nomeado en 1835 gobernador militar de Castelló de la Plana e participou na primeira guerra carlista. Nas accións militares do Maestrazgo foi quen aconsellou, como escarmento, fusilar á nai do xeneral carlista Ramón Cabrera. Gobernador militar de Barcelona en 1840 e pouco máis tarde capitán xeral das Baleares. Grande amigo de Baldomero Espartero, ao final da súa rexencia en maio de 1843 é nomeado ministro da guerra, cargo que desempeñou até xullo dese ano en que o rexente se exilia a Inglaterra. Ese mesmo ano é nomeado senador pola provincia de Huesca. En agosto de 1854 foi nomeado capitán xeneral de Galicia e un mes máis tarde das Canarias, onde faleceu tres anos despois.

Notas

Categoría:Nados en 1786 Categoría:Nados na provincia de Huesca Categoría:Finados en 1857 Categoría:Capitáns Xenerais de Galicia Categoría:Ministros de Defensa de España