Os sitios conmemorativos camboxanos: de centros de represión a lugares de paz e reflexión son un conxunto de lugares Patrimonio da Humanidade que se compón da antiga prisión M-13 (primeira represión), o Museo do Xenocidio de Tuol Sleng (antiga prisión S-21) e o Centro do Xenocidio de Choeung Ek (antigo lugar de execución do S-21). Estes lugares foron preservados e conmemorados dende a caída do réxime dos Khmer vermellos. Serven como testemuño dos horrores levados a cabo polo réxime comunista dos Khmer vermellos entre 1975 e 1979. Antigos lugares de detención masiva, tortura e execucións, estes lugares transformáronse en profundos espazos de lembranza e aprendizaxe. Hoxe en día, serven como solemnes memoriais dun dos xenocidios máis tráxicos do século XX e ofrecen oportunidades para a reflexión, a curación e a procura da paz.

O conxunto declarouse Patrimonio da Humanidade en 2025 durante a 47ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade. En recoñecemento por parte da UNESCO destes monumentos representa un paso significativo para salvagardar a dolorosa historia de Camboxa, render homenaxe á resiliencia do seu pobo e concienciar a nivel mundial sobre o impacto devastador do totalitarismo e a violencia masiva.

Os sitios Nome do sitio LocalizaciónFoto A antiga prisión do M-13 Tuek Phos, Provincia Kampong Chhnang Museo do Xenocidio de Tuol Sleng Boeng Keng Kang, Phnom Penh 200px Centro do Xenocidio de Choeung Ek Dangkao, Phnom Penh 200px

Notas

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Camboxa

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Camboxa