Samuele Mulattieri, nado en Arcola (La Spezia) o 7 de outubro de 2000, é un futbolista italiano, que xoga como dianteiro no Verona, da Serie B.
Traxectoria
Spezia Nacido na comuna de Arcola, na provincia italiana de La Spezia, comezou a xogar ao fútbol no equipo da súa vila, a Arcola Garibaldina, club do que seu avó Sergio fora presidente na década de 1970. Máis tarde ingresou na canteira do Spezia e o 14 de abril de 2018 debutou co primeiro equipo na Serie B, nun partido ante o Frosinone. O 22 de abril marcou o seu primeiro gol na categoría, nunha derrota por 3-2 contra o Pescara.
Cesión ao Volendam No verán de 2018 foi fichado polo Inter de Milán. Tras dúas tempadas no equipo Primavera, o 5 de outubro de 2020 foi cedido ao Volendam, da Eerste Divisie, segunda categoría dos Países Baixos, onde completou unha destacada campaña, con 19 goles.
Cesión ao Crotone Para a tempada 2021/22 volveu saír cedido, desta vez ao Crotone, da Serie B. Tras un bo comezo de campionato, con 6 goles nas primeiras 8 xornadas, non volveu ver portería, unha mala xeira á que contribuíron varias lesións que puxeron fin á súa tempada dous meses antes do final desta.
Cesión ao Frosinone Para a seguinte campaña foi cedido ao Frosinone, tamén na segunda categoría. Marcou un total de 12 goles en 29 partidos, contribuíndo a que o equipo se proclamase campión e ascendese á Serie A por terceira vez na súa historia.
Sassuolo En xullo de 2023 foi traspasado ao Sassuolo, da Serie A, como parte da operación que levou a Davide Frattesi ao Inter. Debutou co equipo negro e verde o 13 de agosto, substituíndo ao albanés Nedim Bajrami nun partido da Copa Italia contra o Cosenza. Unha semana despois xogou o seu primeiro partido na máxima categoría, ante o Atalanta, nun encontro no que saltou ao terreo de xogo no lugar de Andrea Pinamonti.
A súa primeira tempada en Módena rematouna sen goles e liga e co descenso á Serie B. Na seguinte campaña sumou 9 goles e 4 asistencias en 32 partidos en liga, contribuíndo ao regreso á máxima categoría.
Cesión ao Deportivo Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Deportivo da Coruña, na Segunda División. Debutou co club galego na terceira xornada de liga, ante o Leganés en Butarque, substituíndo tralo descanso a Zakaria Eddahchouri, cando o equipo perdía por 2-0. No minuto 72 marcou o seu primeiro gol coa camiseta branca e azul e minutos máis tarde provocou un penalti que o seu compañeiro Yeremay converteu para colocar o empate definitivo no marcador (2-2). Foi titular nas seguintes cinco xornadas, e nos seguintes meses alternou no once inicial con Eddahchouri, ata que no treito final da tempada ambos perderon o posto de titular ante o camerunés Bil Nsongo, subido dende o Fabril. Disputou un total de 32 partidos e contribuíu ao ascenso á Primeira División con catro goles, todos anotados tras saír dende o banco de suplentes.
Verona No verán de 2026, tras regresar da súa cesión, foi traspasado por catro millóns e medio de euros ao Verona, da Serie B, ao mesmo tempo que o escocés Kieron Bowie facía o camiño inverso, recalando no Sassuolo por uns dez millóns e medio.
Selección italiana Despois de ser internacional nas categorías sub-18 e sub-19, o 7 de setembro de 2021 debutou coa selección italiana sub-21, nun partido de clasificación para a Eurocopa Sub-21 contra Montenegro en Vicenza.
Vida persoal O seu irmán Nicola, nado en 2004, é tamén futbolista e xoga de centrocampista no Corticella, da Serie D. En 2025 colleu xunto a seu irmán e a seu pai Ricardo as rendas da Arcola Garibaldina, o seu primeiro club, co obxectivo de relanzalo despois dun ano de inactividade.
Palmarés Sassuolo Serie B (1): 2024/25.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso á Eredivisie.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesSpezia2017/18Serie B31----31Volendam2020/21Eerste Divisie301810113219Crotone2021/22Serie B 28 6 10-- 296Frosinone2022/23Serie B 29 12 10- - 3012Sassuolo2023/24Serie A27032--3022024/25Serie B32922--3411Total club59954006413Deportivo2025/26Segunda29430--324Total carreira 178 50 1141 1 19055
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na provincia de Módena Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Spezia Calcio Categoría:Xogadores do US Sassuolo Calcio Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Hellas Verona FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia sub-21