Alice Gordon Gulick, nada en Boston o 8 de agosto de 1847 e finada en Londres o 14 de setembro de 1903, foi unha misioneira protestante e pedagoga estadounidense, fundadora en España do Instituto Internacional de Madrid.Berasategui López, M. (2014). " El sueño de un Mount Holyoke español". Una biografía de Alice Gordon Gulick (1872-1931). Director, 2014, 09-30.

Traxectoria Alice Gordon Gulick, educada no Mount Holyoke, pertencía a un grupo de norteamericanas dunha profunda fe relixiosa e unha forte convicción de que as mulleres debían ter acceso á educación superior, até entón privilexio dos homes. Desde o principio contou cun profesorado formado por mulleres eruditas, grandes investigadoras e innovadoras en materia educativa, que converteron o Instituto nun centro modelo, ao estilo dos «colleges» norteamericanos de onde procedían. O centro contaba, ademais, con algunhas profesoras especializadas na educación preescolar, sendo unha das institucións pioneiras neste tipo de educación en España.

O Instituto Internacional de Madrid chegou a converterse nun dos colaboradores máis xenerosos no desenvolvemento da pedagoxía española no primeiro terzo do século XX, servindo de modelo e apoio á Xunta para Ampliación de Estudos en dous proxectos pioneiros da renovación pedagóxica en España: a Residencia de Señoritas e o Instituto-Escola.

Recoñecementos O libro de Cristina Oñoro En el jardín de las americanas recupera a súa figura e a doutras americanas que educaron en España dende a Residencia de Señoritas.

En Donostia hai un parque que leva o seu nome no barrio de Intxaurrondo. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Oñoro, C. (2025). En el jardín de las americanas: Una historia transatlántica (1871-1936). Taurus.

Outros artigos

Susan Huntington Vernon Instituto Internacional de Madrid

Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Pedagogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Boston, Massachusetts