Antonio Soto Magariños, nado en Santiago de Compostela, foi un político galego.

Traxectoria Foi elixido secretario da Sociedad de Barberos de Santiago de Compostela en 1929.El Pueblo Gallego, 5-10-1929, p. 7. Pola folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e acusado de sedición; foi xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o 9 de decembro xunto con Manuel Penas Cimadevila, Luis Figueiras Míguez e Constante Rodríguez Fariña.El Eco de Santiago, 8-12-1934, p. 1.El Compostelano, 8-12-1934, p. 1. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo detido no campo de concentración de Rianxo. Detido a principios de 1945, procesado na causa 94/45 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Francisco Rey Drox, Eduardo Malvido Rúa, Luis Alonso Freijanes, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo.

Notas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido