O albatros bicopintado atlántico (Thalassarche chlororhynchos) é unha grande ave mariña da familia Diomedeidae.
Dentro do seu xénero é unha ave relativamente pequena que antes era considerada da mesma especie que o albatros bicopintado indio (Thalassarche carteri) e chamábanlle albatros bicopintado. Algunhas autoridades aínda consideran que estes dous taxons son conespecíficos, como na lista de ClementsClements, J. (2007) e o SACC, que recoñece que é necesario facer unha proposta de reclasificación.Remsen Jr., J. V. (2008)
Taxonomía Foi descrito formalmente en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición ampliada e revisada da obra de Carl Linné Systema Naturae. Situouno cos albatros do xénero Diomedea e acuñou para el o nome binomial Diomedea chlororhynchos. Gmelin baseou a súa descrición no "yellow-nosed albatross" que fora descrito e ilustrado en 1785 polo ornitólogo inglés John Latham a partir dun espécime que se recollera na costa do Cabo de Boa Esperanza. Agora é unha das nove especies situadas no xénero Thalassarche creado en 1853 polo naturalista alemán Ludwig Reichenbach. Para os datos de publicación ver: O nome do xénero combina as palabras do grego antigo thalassa que significa 'mar' e arkhē que significa 'poder, mando, orde' (de arkhō, 'gobernar'). O epíteto específico chlororhynchos combina as palabras do grego antigo khlōros, 'amarelo' e rhunkhos, 'bico'. A especie é monotípica: sen subespecies.
Descrición O albatros bicopintado atlántico como media ten unha lonxitude de 81 cm. É un típico Thalassarche negro e branco con cabeza gris e unha gran mancha ocular, e a caluga e parte posterior do pescozo son brancas. O bico é negro cun culminicorno (peza córnea no bico da ave que envolve o culmen) amarelo e unha punta rosa. Ten unha "sela" dorsal, cola e parte superior das ás de cor gris escura, e as partes ventrais son predominantemente brancas. A parte inferior das ás e as primarias mostran unha marxe negra estreita. Os individuos novos son similares aos adultos, pero con cabeza branca e bico negro.BirdLife International (2008) Pode diferenciarse do albatros bicopintado indio (T. carteri) pola súa cabeza máis escura. Pode distinguirse doutras especies do seu xénero polo seu tamaño menor (con ás especialmente estreitas) e os delgados bordos negros da parte inferior das ás. O Thalassarche chrysostoma ten unha cabeza gris similar pero marcas negras menos definidas e máis extensas arredor do bordo da parte inferior da á. O Thalassarche salvini tamén ten cabeza gris pero ás moito máis anchas, bico claro e bordos negros máis estreitos na parte inferior das ás.
Distribución Nidifica en illas no medio do Atlántico, como Tristán da Cunha (illa Inaccesible, illa Media, illa Nightingale, illa Stoltenhoff) e a illa Gough. No mar voa por todo o Atlántico sur desde América do Sur a África entre os paralelos 15°S e 45°S.
Comportamento miniatura|Individuo xove na illa Nightingale. Alimentación Aliméntase de luras, peixes, chocos e crustáceos. Ás veces caza de noite en vez do máis habitual que é de día.
Reprodución
Igual que todos os albatros, son aves coloniais, pero unha característica pouco frecuente é que constrúen os seus niños en arbustos no alto de cantís entre os fentos arbóreos Blechnum. Igual que todos os Thalassarche constrúen niños con pedestal feitos de lama, turba, plumas e vexetación, onde poñen un único ovo. A posta é en setembro ou inicios de outubro e os pitos empluman a finais de marzo ou abril. Reprodúcense anualmente.
Conservación
+Poboación reprodutora e tendencias Localización Poboación Data TendenciaIlla Gough 5.300 parellas 2001 EstableIlla Tristán da Cunha 16.000 - 30.000 parellas 1974 EstableIlla Nightingale 4.500 parellas 1974 DeclinandoIlla Media 100 – 200 parellas 1974 Illa Stoltenhoff 500 parellas 1974 Illa Inaccesible 1.100 parellas 1983 DeclinandoTotal 55.000-83.200 2001 Declinando Na lista da IUCN esta especie está clasificada como en perigo, cunha área na que está presente de 16.800.000 km2 e unha área reprodutora de 80 km2. Unha estimación da poboación de 2001 desagrega a poboación e mostra algunhas tendencias. A illa Gough ten 5.300 parellas reprodutoras,Cuthbert, R. & Sommer, E. S. (2004) entre 16.000 e 30.000 parellas reprodúcense en Tristán da Cunha, e 4.500 na illa Nightingale, entre 100 e 200 parellas na illa Media, e 500 parellas na illa Stoltenhoff,Richardson, M. E. (1984) e 1.100 na illa Inaccesible.Fraser, M. W. et al. (1984) Isto engade entre 27.500 e 41.600 parellas por ano facendo un total de ente 55.000 e 83.200 aves adultas. Esta estimación da poboación fíxose en 1983 e non está actualizada. As tendencias suxiren unha diminución do 50 % nun período de 72 anos.
A maior ameaza para a especie é a pesca con palangre, xa que a recollida de polos e adultos en terra está fóra da lei.
Están realizándose esforzos de conservación desta especie contando as aves na illa Gough. Ademais, as illas Gough e Inaccesible son reservas naturais, e a illa Gough é un sitio Patrimonio da Humanidade. A poboación destas aves en Tristán da Cunha está sendo rastreada remotamente e contada, e a Comisión de Pesquerías do Atlántico Sueste aprobou unha resolución para que os barcos de pesca usen os palangres tori e boten os palangres pola noite.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Folla de datos da especie - BirdLife International Fotos e arquivo de datos - ARKive Yellownosed Albatross - Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds.
Categoría:Diomedeidos Categoría:Animais descritos en 1789 Categoría:Taxons descritos por Johann Friedrich Gmelin