O Pacto de Aceiro foi un pacto político e militar firmado o 22 de maio 1939 en Berlín, entre Benito Mussolini por Italia e Adolf Hitler pola Alemaña nazi, no que se establecía o apoio mutuo en caso de guerra. O Fascismo italiano e o Nacionalsocialismo alemán uníanse nunha fronte común para a conquista de Europa.
Este Pacto foi cumprido a partir do 1 de setembro de 1939, cando se iniciou a segunda guerra mundial.
Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:1939 Categoría:Berlín Categoría:Tratados internacionais