miniatura|250px|Queixo San Simón da Costa. O queixo afumado é calquera queixo que foi especialmente tratado con afumadura. Polo xeral presenta unha película exterior marrón amarelada que é o resultado deste proceso de curado.

Proceso O curado en fume realízase normalmente de dúas maneiras: afumado en frío e afumado en quente. O método de afumado en frío (que pode levar ata un mes, dependendo do alimento) afuma o alimento a unha temperatura de entre 20° e 30° C. O afumado en quente cociña parcial ou completamente o alimento tratándoo a temperaturas que oscilan entre os 40° e os 90 °C.

Outro método, que se usa normalmente en queixos menos caros, é usar aromatizante de fume artificial para darlle ao queixo un sabor afumado e colorante alimentario para darlle ao exterior a aparencia de que foi afumado do xeito máis tradicional.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Afumadura

Categoría:Queixos