Pilar Sampedro Martínez, nada en Queiruga (O Porto do Son) en 1955, é unha mestra e pedagoga galega.

Traxectoria

É mestra e licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, dirixindo, con Cristina Novoa, un programa que transformou a función as bibliotecas dos centros escolares galegos. Dirixiu as exposicións: Exposición 100 anos de literatura infantil galega e Literatura infantil e xuvenil galega para a paz.

Ten publicado nas revistas Anuario Barbantia, Fadamorgana, EDUGA, Revista Galega de Educación, Raigame. Ademais de A nosa literatura infantil e xuvenil, Anuario de literatura, Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria 2004.

Ten participado no Café Barbantia e no portal de Internet Galicia Digital. Xestiona o blog De libros e outros artefactos e No país das marabillas.

Foi xurado dos premios Lazarillo, Fina Casalderrey para a Igualdade, Raíña Lupa, Gala do Libro, Irmandade do Libro, Carlos Mosteiro, Follas Novas, Arume de poesía para a infancia, Xosé Neira Vilas de novela curta…

Foi Secretaria do Ateneo de Santiago, vogal de Barbantia, Presidenta e Vicepresidenta segunda de GALIX e Padroa da Fundación Neira Vilas. Tamén colabora con Alumni USC, Museo do Pobo Galego e O Galo.

Obras Na colección Biblioteca virtual Egeria de Galicia Digital: miniatura|Pilar Sampedro con Manuel Figueiras Fernández o día no que este foi nomeado Socio de Honra da GALIX (18/10/2025) en Santiago de Compostela Cartas dende o confinamento (2020) Os poemas que intercambiamos no confinamento (2020) Do A ao Z con Concha Blanco (2021)

Coordinadora:

Guía de literatura infantil e xuvenil 2005-2007 (Con Montse Pena) Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2019 Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade 2021

Coordinadora escolmas:

Tropel de marmolubios: antología de la narrativa juvenil gallega (2007). Galix. Con Ánxela Gracián e Maite Leis.

Obras colectivas

Aproximación didáctica á obra de Avilés de Taramancos (1995). Toxosoutos. Con Xosé Agrelo Hermo. Aproximación didáctica á obra de Francisco Añón (2005). Toxosoutos. Con Santiago Romarís e Ramón Blanco. Roteiro literario Francisco Añón e Exposición Francisco Añón. Toxosoutos. Con Santiago Romarís e Ramón Blanco. Exposición Francisco Añón. Toxosoutos. Con Santiago Romarís e Ramón Blanco. Tres capitáns de tempos idos de Avilés de Taramancos (2003). Xerais. Edición e prólogo. Terras de Santiago. Terras de Deza (2008). La Voz de Galicia Caderno didáctico para a posta en escena de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas para o CDG (con Cristina Novoa e Magdalena de Rojas) A arte facéndose presente nun tempo e lugar (2024)

Notas

Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1955 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela