dereita|miniatura|350x350px|Mapa da Antiga Macedonia coa localización de Tráxilo, ao oeste de Anfípolis. Tráxilo (en grego Τράγιλος, Τράϊλος, ou Τράγιλα) foi unha antiga cidade grega de Bisaltia.

Tráxilo aparece mencionada por Estevo de Bizancio, así como por fontes epigráficas. Pertenceu á liga de Delos posto que aparece no rexistro de tributos de Atenas de -422/1IG i³ 77,V,25.. Consérvanse tamén moedas de Tráxilo do século -V coa inscrición «ΤΡΑΙ» ou «ΤΡΑΙΛΙΟΝ». Ademais, aparece documentado na lista de teorodocos de Epidauro do ano -360/59IG IV²,1 94,I.b.20..

Foi o lugar de orixe de Asclepíades de Tráxilo, un mitógrafo do século -IV, discípulo de Isócrates.

Localízase na actual Aidonojori, uns 12 km ao noroeste de Anfípolis.

Véxase tamén Bibliografía Mogens Herman Hansen, Thomas Heine Nielsen: An Inventory of Archaic and Classical Poleis. p. 821. ISBN 0-19-814099-1.

Categoría:Cidades da Grecia Antiga