Apolodoro de Casandrea (, ) foi un tirano de Casandrea, anteriormente chamada Potidea, na península de Palene, no século -III. Traxectoria Cando chegou ao poder fíxoo como aliado do pobo, pero cando tivo o posto asegurado, acadou a tiranía e desfíxose dos seus cómplices, comezando un goberno tiránico no ano -279, como di Diodoro Sículo, con gran crueldade e actuando rapidamente contra todos os seus opoñentes, dun xeito que non se podía comparar con ningún outro tirano. Naquel momento foi considerado un dos tiranos máis odiados e detestábeis, como di Polibio e lembra Séneca.

Conseguiu o apoio dos galos de Breno, que se dirixían cara ao sur, pero non foi quen de manter o seu cargo e finalmente Antígono II Gónatas entrou na cidade, derrocouno e executouno, segundo Polieno o Macedonio, Claudio Elias e Pausanias7.Apollodorus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 233.. Notas

Categoría:Políticos comunistas Categoría:Nados no século -IV Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en -276 Categoría:Personalidades de Casandrea na Antigüidade