Rafel Bauzà Sureda, nado en Sant Llorenç des Cardassar o 31 de xaneiro de 2005, é un futbolista español que xoga de centrocampista no Mirandés, da Segunda División, cedido polo Espanyol.

Traxectoria Nado en Sant Llorenç des Cardassar, nas Illas Baleares, aos nove anos trasladouse a Barcelona onde xogou ao fútbol na Fundación Marcet e na canteira do Sant Andreu. En 2021 ingresou no equipo xuvenil do Espanyol.

O 3 de setembro de 2023 debutou co Espanyol B na Segunda Federación, saíndo como titular nunha derrota por 1-0 contra o Hércules. Debutou co primeiro equipo na Segunda División o 11 de maio de 2024, substituíndo a José Gragera nun empate sen goles ante o Valladolid.

Disputou outros catro partidos co equipo principal durante esa tempada, incluíndo dous na promoción de ascenso na que o seu equipo conseguiu o obxectivo de volver á Primeira División. Xogou o seu primeiro encontro na máxima categoría o 3 de novembro de 2024, saíndo de inicio nun derbi ante o FC Barcelona que rematou en derrota por 3-1.

Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Mirandés, da Segunda División.

Notas

Categoría:Nados en 2005 Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do CD Mirandés