Silvia Nanclares, nada en Madrid en 1975, é unha escritora, editora e activista cultural española.
Traxectoria Nanclares estudou na Real Escola Superior de Arte Dramática (RESAD) onde se graduou en Ciencias Teatrais na área da Dramaturxia no ano 2000. Despois de licenciarse, trasladouse a Buenos Aires (Arxentina) cunha bolsa da Fundación Autor (SGAE), onde comezou unha carreira profesional como dramaturga.
Complementou a súa formación en dramaturxia e guión con Juan Mayorga, Rafael Cobos e Antonio Onetti (no obradoiro de formación permanente do Centro Andaluz de Teatro), e Javier Daulte.
Traxectoria profesional En 2006, Nanclares conseguiu unha praza na Axencia Andaluza de Institucións Culturais (AAIICC) da Consellería de Cultura da Xunta de Andalucía, no seu Departamento de Publicacións, onde empezou a afondar na produción e distribución editorial. Tamén entón comezou a desenvolver diferentes proxectos de e-learning asociados coa literatura e o feminismo, fundando a escola en liña Relatoras.
En 2011, entrou en contacto coa cultura libre, a través da súa colaboración coa produtora independente ZEMOS98, e desenvolveu, dentro do eido da escrita, proxectos teatrais, audiovisuais, literarios e de formación artística.
O movemento 15-M sorprendeuna en Francia. Contaxiada pola efervescencia política vivida nas redes sociais e nunha sorte de converxencia de disciplinas e saberes adquiridos nos anos anteriores, impulsou #bookcamping, unha ferramenta dixital aberta e colectiva de investigación editorial e arquivo que ten o obxectivo de crear un mapa sobre a xenealoxía bibliográfica do 15M, e en concreto, do papel relevante xogado polos movementos sociais e a cultura libre.
Tras a súa volta a Madrid, integrouse co colectivo #bookcamping no Laboratorio do Procomún de Medialab Prado. Participou tamén en diversas investigacións e producións colectivas no ámbito do procomún, como Copylove (Zemos98), a análise crítica do impacto dos relatos culturais, como Sexo Hipster (Intermediae Matadero-La Casa Encendida) ou o cuestionamento das identidades dende o arquivo e a memoria, como European Souvenirs (ECF), asumindo un papel dentro do activismo cultural madrileño.
Foi fundadora dos proxectos colectivos Helvéticas, Escola de Escritoras e #bookcamping, e colabora periodicamente en diversos medios de comunicación, como Diagonal (actual El Salto) ou eldiario.es.
Obra Narrativa 2001 – La Siesta. Editorial Kókinos. ISBN 978-8488342232. 2010 – Al final (acompañando os debuxos de Miguel Brieva). Editorial Kókinos. ISBN 978-8496629929. 2011 – El Sur: Instrucciones de Uso. Ediciones Bucólicas. ISBN 978-8493675. 2012 – 1989. Sibila: revista de arte, música e literatura, núm. 40. ISSN 1135-1675. 2013 – Cuerpos en el tiempo. Revista Eñe, núm. 35. ISSN 1699-58-56. 2013 – Reproducción por división. Revista Quimera, núm. 350. IISSN 0211-3325. 2017 – Quién quiere ser madre. Editorial Alfaguara. ISBN 978-8420430669. 2025 – Nunca voló tan alto tu televisor (Episodios Nacionales). Lengua de Trapo. ISBN 978-8483813041.
Libros colectivos 2001 – Unheimliche/Lo siniestro. Libros del Astillero. ISBN 978-8492305179. 2012 – CT o la Cultura de la Transición: Crítica a 35 años de cultura española. Penguin Random House. ISBN 978-8499896946. 2014 – Sexo, mujeres y series de TV. Continta Me Tienes. ISBN 978-8494417610. 2015 – (h)amor 2. Continta Me Tienes. ISBN 978-8494417627. 2019 – Tranquilas: Historias para ir solas por la noche. Con Marta Sanz, Carme Riera, Sol de la Barreda, María Folguera, Carmen G. de la Cueva, María Fernanda Ampuero, Lucía Asué Mbomío Rubio, Edurne Portela, Sabina Urraca, Gabriela Wiener, Elsa Veiga, Jana Leo e Nerea Barjola. Editorial Lumen. ISBN 9788426407047.
Notas
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Feministas de España Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá