Antonio Catalán Díaz, nado en Corella (Navarra), o 25 de xuño de 1948, é un empresario navarro que logrou grandes éxitos no mundo da hostalería, creando dúas das cadeas hoteleiras de maior relevo en España: NH Hoteles e AC Hoteles.

Biografía

Antonio Catalán é licenciado en Empresariais pola antiga "Escola de Comercio" da Universidade Pública de Navarra. Toda a súa carreira profesional posterior desenvolveuse no sector da hostalería. As súas primeiras andanzas no mundo económico foi tras dunha gasolineira propiedade do seu pai, levando a súa xestión económica.

Posteriormente, aos seus 29 anos levantou o seu primeiro hotel, o "Ciudad de Pamplona", base sobre a que se constituiría unha das cadeas hoteleiras de maior prestixio dentro do ámbito nacional e internacional: NH Hoteles.

En 1997, tras discrepancias coa administración do grupo, abandona NH vendendo tódalas súas participacións aos italianos, por un total de 12.000 millóns de pesetas (70 millóns de Euros). Despois aventurouse nun novo proxecto hoteleiro: AC Hoteles, unha cadea hoteleira composta na súa maioría por hoteis de 4 e 5 estrelas que son do 100% da propiedade da empresa matriz.

Controla o 65% do capital de AC Hoteles.

Notas

Categoría:Nados en Corella Categoría:Nados en 1948 Categoría:Empresarios de España Categoría:Alumnos da Universidade Pública de Navarra