Gemma Ruiz i Palà, nada en Sabadell o 6 de decembro de 1975, é unha xornalista e escritora catalá.

Traxectoria Como xornalista, traballou dende 1997 no servizo de informativos da Televisió de Catalunya como cronista cultural, redactora xefa e subxefa de Informativos, ademais especializouse en crónicas culturais para o Telenotícies. Durante seis anos, realizou as crónicas teatrais para o programa La nit al dia. Como escritora, publicou a súa primeira novela, Argelagues, en setembro de 2016. A obra céntrase na vida de tres mulleres nadas en zonas rurais a principios do século XX que teñen que chegar á cidade, traballando na industria téxtil, participando na guerra civil española desde a retagarda e arriscando as súas vidas en varias ocasións. A obra foi un éxito de vendas e, en marzo de 2017 fixéranse nove edicións e vendéranse máis de 15.000 exemplares.

En febreiro de 2020, publicou a súa segunda novela, Ca la Wenling, con Edicions Proa. En decembro de 2022, gañou o Premio Sant Jordi coa novela Les nostres mares, que máis tarde se convertería no libro de ficción máis vendido durante o día de Sant Jordi de 2023. Despois deste libro deixou o xornalismo para dedicarse á literatura.

En 2025 publica Una dona de la teva edat, unha protagonista que fai da menopausa a mellor rebelión para abrazar finalmente a alegría de vivir sen pedir perdón.

A súa obra foi traducida ao inglés, español, francés e italiano. miniatura|Con Jon Bilbao nas Afinidades electivas, Libraría Paz de Pontevedra (2025). En 2025 participou en Pontevedra nas Afinidades electivas.

Obra Argelagues (2016). Ed. Proa. 352 páxs. ISBN 9788475886299. Castelán: Aulagas, 2025, Consonni Ca la Wenling (2020). Ed. Proa. 328 páxs. ISBN 9788475888200. Castelán: Donde Wenling, 2020, Destino. Les nostres mares (2022). Labutxaca. 304 páxs. ISBN 9788419971043. Castelán: Nuestras madres, 2024, Consonni. Una dona de la teva edat (2025). Ed. Proa. 264 páxs. ISBN 9788410488496.

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Televisió de Catalunya Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Novelistas de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Xornalistas de Cataluña