Arquivos do Seminario de Estudos Galegos foi unha revista galega bilingüe publicada entre 1927 e 1933 co obxectivo de divulgar os resultados das investigacións do Seminario de Estudos Galegos. Editada na Coruña, contou con seis volumes en total.Enciclopedia Galega Universal.

Historia O Seminario de Estudos Galegos ten a súa orixe no outono de 1923. Foi creado por alumnado da Universidade de Santiago de Compostela próximo ás Irmandades da Fala, como Fermín Bouza-Brey ou Xosé Filgueira Valverde, e o profesor Armando Cotarelo Valledor.

A publicación oficial dos Arquivos comezou no ano 1927, e editáronse seis volumes até 1933, cando cesou a súa actividade.

Contidos A revista recolle os resultados das investigacións realizadas polo Seminario de Estudos Galegos. Xa que logo, a temática dos artigos é variada, tratando asuntos como historia, heráldica, xeografía, zooloxía, ciencias naturais, literatura popular, música… Así mesmo, publicábanse noticias relativas ao Seminario ou ás actividades dos seus membros.

Conservación Orixinais dos seis volumes da revista consérvanse nas bibliotecas de varias institucións, entre elas a do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Pódense consultar en liña a través de Galiciana.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1927 en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas de España desaparecidas