A Convención para a Conservación de Especies Migratorias de Animais Silvestres, tamén coñecida como Convención sobre Especies Migratorias (CMS polas súas siglas en inglés) ou Convención de Bonn, é un acordo internacional que ten o obxectivo de conservar as especies migratorias en toda a súa área de distribución. O acordo foi asinado baixo o Programa Medioambiental das Nacións Unidas e ten que ver coa conservación da vida silvestre e dos hábitats a escala global."Amendments, done at Bergen on 25 November 2011,to Appendices I and II to the Convention on the Conservation of Migratory Species of Wild Animals (Bonn, 23 June 1979) – ATS 10 of 2012". Australasian Legal Information Institute, Australian Treaties Library. Consultado o 18 de abril de 2017.

Asinouse en 1979 en Bonn (Alemaña Occidental) e entrou en vigor en 1983. En setembro de 2020, había 131 estados membros da convención. O depositario foi o goberno da República Federal Alemá.

A convención é a única organización intergobernamental global, baseada nas Nacións Unidas, establecida exclusivamente para a conservación e xestión de especies migratorias terrestres, acuáticas e aviarias. A Convención e os seus acordos asociados determinan a política e proporcionan unha guía sobre asuntos específicos dentro dos seus plans estratéxicos, plans de acción, resolucións, decisións e directrices.

Principios fundamentais Os principios fundamentais da convención están establecidos no artigo 2. As partes recoñecen a importancia da conservación das especies migratorias e os estados da súa zona de distribución acordan emprender accións con ese fin "sempre que sexa posible e apropiado", "prestando especial atención ás especies migratorias cuxo estado de conservación sexa desfavorable e tratando individualmente calquera especie migratoria que chegue a estar en perigo".

O artigo 2(3) da convención di que

as partes:

(a) Deberían promover, cooperar e apoiar as investigacións relacionadas coas especies migratorias;(b) Esforzaranse en proporcionar protección inmediata ás especies migratorias incluídas no Apéndice I; e(c) Esforzaranse en chegar a ACORDOS que comprendan a conservación e xestión das especies migratorias incluídas no Apéndice II.

Partes da convención miniatura|center|500px|Mapa que mostra os estados que son partes da Convención:

Estados partes Velaquí unha lista de todos os estados partes da Convención o 1 de xaneiro de 2021:

Estados soberanos

Outros estados/entidades

Asinado pero non ratificado

Estados non-partes participantes Os seguintes, aínda que non son partes da Convención, son partes dun ou máis dos acordos e/ou asinaron un ou máis dos memorandos (MOUs):

Estados soberanos

Outros estados/entidades

Especies que protexe A familia de acordos da Convención comprende unha gran diversidade de especies migratorias. Os apéndices da Convención inclúen moitos animais, como moitos mamíferos terrestres, mamíferos mariños e morcegos; aves; peixes; réptiles e un insecto. Entre os instrumentos, o AEWA cobre 254 especies de aves que dependen ecoloxicamene de zonas húmidas polo menos en parte do seu ciclo anual. EUROBATS cobre 52 especies de morcegos, o Memorando de Entendemento sobre a Conservación de Tiburóns Migratorios cobre sete especies de tiburóns, o Memorando de Entendemento sobre a Conservación e Xestión de Tartarugas Mariñas e os seus Hábitats do Océano Índico e Sueste de Asia cobre seis especies de tartarugas mariñas e o Memorando de Entendemento de Aves Rapaces cobre 76 especies de aves de presa.

Apéndice I – Especies migratorias ameazadas As especies migratorias ameazadas de extinción están na lista do Apéndice I da Convención, con disposicións relevantes sinaladas no artigo III, parágrafos 4 e 5. As partes que son estados da área de distribución das especies do Apéndice I están obrigadas a darlles unha estrita protección. As partes da Convención esforzaranse en dar unha estrita protección a estes animais, conservando ou restaurando os lugares onde viven, diminuíndo os obstáculos á migración e controlando outros factores que puideran poñelas en perigo. Ademais, ao establecer obrigas para cada estado adherido, a Convención promove accións concertadas entre os estados da área de distibución de moitas desas especies.

Apéndice II – Especies migratorias que necesitan de cooperación internacional As especies migratorias que necesitarían ou se beneficiarían significativamente da cooperación internacional están listdas no Apéndice II da Convención. Estas especies, sexa individualmente ou como grupo taxonómico, son a base para establecer instrumentos –rexionais ou globais– baixo a Convención. Por esta razón, a Convención anima os estados da área de distribución do animal a chegaren a acordos globais ou rexionais.

Instrumentos da Convención Acordos A Convención sobre Especies Migratorias actúa como convención marco e anima aos estados partes a chegaren a acordos globais ou rexionais. O artigo V da Convención sinala a cales acordos se debe chegar. Estes acordos son xeralmente tratados vinculantes legalmente que teñen o obxectivo de "restaurar as especies migratorias concernidas a un status favorable de conservación ou para mantelas nese status." Ata agora asináronse sete acordos, que son os seguintes:

Acordo sobre a Conservación de Albatros e Petreis (ACAP) Acordo sobre a Conservación de Cetáceos do mar Negro, mar Mediterráneo e a Área Atlántica Contigua (ACCOBAMS) Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-Eurasiáticas (AEWA) Acordo sobre a Conservación de Pequenos Cetáceos do Báltico, Atlántico Nordés, mar de Irlanda e mar do Norte (ASCOBANS) Acordo sobre a conservación das Poboacións de Morcegos Europeos (EUROBATS) Acordo sobre a Conservación de Gorilas e os seus Hábitats Acordo sobre a Conservación de Focas no mar de Wadden

Memorandos de comprensión (MOU) Ademais, acordáronse varios memorandos de entendemento (MOU, do inglés memoranda of understanding) baixo a Convención. Aínda que non son acordos plenos, estes memorandos teñen o obxectivo de conservar varias especies migratorias. Ata agora, asináronse 19 destes memorandos.

Aplicación

Informes O artigo 6(3) necesita que as partes que son estados da área de distribución das especies migratorias da lista dos Apéndices I ou II informen á Conferencia das Partes a través do secretariado, polo menos seis meses antes de cada xuntanza ordinaria da Conferencia, sobre as medidas que están tomando para aplicaren a Convensión a estas especies.

Lexislación doméstica En diverso grao, a Convención de Bonn foi incorporada ás leis dos países partes.

Notas

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Convention on Migratory Species Bonn Convention – Appendices I and II Ratifications

Categoría:Ecoloxismo Categoría:Tratados internacionais