Xudite é un nome propio feminino galego. Tamén ten as variantes Xudith e Xudit. A súa orixe é o hebreo Yehudit (יְהוּדִית), que quere dicir 'xudía, hebrea'.

En xaneiro de 2023 existían 10 mulleres en Galicia co nome Xudit, cunha media de idade de 31,5 anos,Nome Xudit na web do Instituto Galego de Estatística mais ningunha coas formas Xudite ou Xudith.Nome Xudite na web do Instituto Galego de Estatística

Historia do nome Segundo o relato bíblico recollido no Libro de Xudite, Xudite, viúva e de gran fermosura, xogou un papel decisivo durante o cerco da cidade xudía de Betulia polas forzas de Nabucodonosor, rei de Babilonia. Empregando a súa intelixencia e encanto, Xudite conseguiu acceder á tenda de Holofernes, o xeneral inimigo. Unha vez alí, fixo que este se confiase, embriagándoo, e finalmente decapitouno coa súa propia espada. A súa audaz intervención provocou o desconcerto entre os babilonios, que abandonaron o asedio, permitindo así a liberación de Betulia.

Xudite noutras linguas Alemán: Judith Aragonés: ChuditEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Xudí Catalán: Judit Castelán: Judith / Judit Éuscaro: Judir Francés: Judith Inglés: Judith Italiano: Giuditta Portugués: Judite

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xudite coa cabeza de Holofernes Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe hebrea Categoría:Nomes femininos galegos