miniatura|Microclina miniatura|200px|Fotomicrografía dunha sección fina de microclina mostrando un maclado con liñas cruzadas (con luz polarizada cruzada). A microclina (KAlSi3O8) é un importante mineral tectosilicato formador de rochas ígneas. É un feldespato alcalino rico en potasio, simbolizado Mcc. A microclina contén cantidades menores de sodio. É común no feldespato do granito e nas pegmatitas. Fórmase durante o arrefriamento lento do ortoclasio; é máis estable a temperaturas máis baixas que o ortoclasio. A sanidina é un polimorfo de feldespato alcalino estable a temperaturas aínda máis altas. A microclina pode ser transparente, branca, amarela clara, de cor vermella ladrillo ou verde; caracterízase xeralmente por xerar maclas que se forman como resultado da transformación do ortoclasio monoclínico en microclina triclínica.
Xeoloxía
A microclina pode ser igual quimicamente que o ortoclasio monoclínico, pero pertence ao sistema cristalino triclínico, o ángulo do prisma é lixeiramente menor que un ángulo recto; de aí vén o nome de "microclina" do grego "pequena pendente" (pequena inclinación respecto ao ángulo recto). É unha modificación triclínica completamente ordenada do feldespato potásico e é dimorfa co ortoclasio. A microclina é idéntica ao ortoclasio en moitas propiedades físicas e pode distinguirse por exame óptico ou con raios X. Cando se olla nun microscopio petrográfico polarizante, a microclina mostra un diminuto maclado múltiple que forma unha estrutura con liñas cruzadas como unha grella que é inconfundible.
A pertita pode ser microclina ou ortoclasio con láminas delgadas de albita.
A amazonita (pedra do Amazonas) é unha variedade verde da microclina. Malia o seu nome, non se pode encontrar na cunca do Amazonas. Parece que os exploradores españois que lle deron nome confundírona con outro mineral verde desa rexión.
O cristal de microclina máis grande ata agora documentado atopouse na Devil's Hole Beryl Mine, Colorado, Estados Unidos, e medía ~50 × 36 × 14 m. Este pode ser un dos cristais máis grandes de calquera material atopados ata a data.
A microclina é un axente nucleante do xeo excepcionalmente activo nas nubes da atmosfera. Recentemente foi posible comprender como se unen as moléculas de auga sobre a superficie da microclina.
Aplicacións Emprégase na industria para a fabricación cerámica de porcelanas, para o cal se quenta a alta temperatura e fúndese comportándose como un cemento. Así, elabóranse con ela os esmaltes para pintar sobre porcelana. Igualmente emprégase na fabricación de vidros. A variedade de cor verde amazonita utilízase, unha vez polida, como material de adorno. Os aluminosilicatos potásicos tamén son un aditivo alimentario.
Notas
Alkali feldspars U. Texas Mindat
Véxase tamén Outros artigos Lista de minerais
Categoría:Silicatos Categoría:Aditivos alimentarios