In/Casino/Out é o segundo álbum da banda estadounidense de post-hardcore At the Drive-In, editado o 18 de agosto de 1998 a través do selo Fearless Records. Foi gravado como un directo no estudio, coa intención de capturar mellor o son en directo da banda. O álbum marca un claro camiño intermedio entre o son cru e lo-fi do seu primeiro disco, Acrobatic Tenement, e o son máis elegante e máis producido de Relationship of Command.

Neste álbum Jim Ward regresa novamente á banda e estréase nas voces no tema "Hourglass".

Antecedentes e gravación Durante a gravación do álbum, a banda enfrontouse a unha especie de crise ao non atopar un selo que puidese publicar o disco. Nese momento, Flipside, o selo que publicara Acrobatic Tenement, deixara de editar disco, e Offtime Records, que lanzara o EP El Gran Orgo o ano anterior, tiña problemas económicos e non estaba en situación para facer novos lanzamentos. Chegado a un punto o grupo considerou publicar eles mesmos o traballo ata que Fearless Records ofreceu a súa axuda.

Lista de cancións

Persoal Cedric Bixler-Zavala - voces Jim Ward - guitarra, coros, voces en "Hourglass" Omar Rodriguez-Lopez - guitarra Paul Hinojos - baixo Tony Hajjar - batería

Notas

Categoría:Álbums de At the Drive-In Categoría:Álbums musicais de 1998