miniatura|Ilustración dun sistema de capilares con metaarteríolas e esfínteres precapilares, como os da microcirculación mesentérica. Unha metaarteríola é un curto microvaso da microcirculación que conecta as arteríolas cos capilares. En vez de teren unha túnica media continua, as metaarteríolas teñen células de músculo liso individuais separadas por unha curta distancia, cada unha das cales forma un esfínter precapilar que rodea a entrada a unha rede de capilares. A constrición destes esfínteres reduce ou corta o fluxo sanguíneo por dita rede de capilares. Isto permite que o sangue sexa desviado a outra parte do corpo.
Hai metaarteríolas na microcirculación mesentérica. O nome foi concibido orixinalmente para referirse só ás "canles de paso" entre as arteríolas e as vénulas. Máis recentemente, o termo tense utilizado tamén para describir as arteríolas máis pequenas que están xusto antes dos capilares.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Histoloxía en uni-mainz.de
Categoría:Anxioloxía Categoría:Vasos sanguíneos