Francisco Jorge Leira Castiñeira, nado na Coruña o 24 de abril 1987, é un historiador e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na que realizou o doutoramento coa tese La socialización de los soldados del ejército sublevado (1936-1945). Su papel en la consolidación del Régimen franquista. Realizou un mestrado en Historia Contemporánea na USC e en Ciencias Documentais na Universidade da Coruña. Realizou unha estadía como investigador visitante na University College Dublin – Centre of War Studies.
Foi director da Biblioteca Provincial de Santiago da Orde Franciscana. Foi contratado posdoutoral da Xunta de Galicia no departamento de Historia da USC e é membro do Grupo de Investigación HISTAGRA.
Ten publicado na prensa análises da actualidade cunha perspectiva histórica en Praza.gal, Nuevatribuna.es, publico.es, El Ciervo, Lamarea e El Salto. Fai labor de divulgación co podcast memoria e historia.
Tamén é Investigador na Universidade Carlos III, Departamento de Humanidades: Historia, Xeografía e Arte.
Obras
2013, Consolidación social do franquismo. A influencia da guerra nos soldados de Franco. Santiago: USC. ISBN 978-84-15876-14-4. 2020, Soldados de Franco. Reclutamiento forzoso, experiencia de guerra y desmovilización militar. Siglo XXI Ed. 352 páxs. ISBN 978-84-323-1985-3. 2020, De prisionero republicano a capellán insurgente. Ed. Universidad de Navarra. 134 páxs. ISBN 978-8431335007. 2021, Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil Española. Vigo: Galaxia. 104 páxs. ISBN 978-84-9151649-1. 2022, Los nadies de la Guerra de España (2022). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-5320-0. 2023, Franco's Soldiers: Recruitment and Combat in the Spanish Civil War (1936-1939). Liverpool University Press. 248 páxs. ISBN 978-1789761771.
Libros colectivos
A xustiza pola man: Violencia e conflitividade na Galicia contemporánea (2021). Vigo: Xerais. 392 páxs. ISBN 978-8491217992. Con Miguel Cabo. The Crucible of Francoism: Combat, Violence, and Ideology in the Spanish Civil War (2021). Con Ángel Alcalde e Foster Chamberlin. Sussex Academic Press Galicia, un golpe sin cuartel, una guerra sin trincheras: La construcción sociopolítica de la dictadura franquista (1936-1960) (2023). Publicacions de la Universitat de València. Con Lourenzo Fernández Prieto. El pacifismo en España desde 1808 hasta el «No a la Guerra» de Irak (2023). Akal. Violence and Propaganda in European Civil War. Dinamics and Conflicts, 1917.1949 (2025). Con Yiannis Kokosolakis. Routledfge. Patterns of Violence Behind the Lines in Europe’s Civil Wars (2025). Palgrave. Con John Sakkas.
Premios
2012: Premio en Ciencias Sociais Juana de Vega. 2012: Mención honorífica no concurso de ensaio George Watt da ALBA-VALB de Nova York. 2019: Premio Miguel Artola 2019 a tese de doutoramento da Asociación de Historia Contemporánea do Centro de Estudos Políticos e Constitucionais do Ministerio de Presidencia de España. 2021: Accésit no Premio Javier Tusell da Asociación de Historiadores do Presente.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1987 Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Historiadores de Galicia