O municipio de Varakļāni (en letón, Varakļānu novads) foi un dos 36 municipios de Letonia, desde o 2021 ata o 2025. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021. É un pequeno municipio resultado da fusión da antiga cidade de Varakļānu do Municipio de Madona e as parroquias de Murmastiene e Varakļānu. Limita polo norte e oeste co municipio de Madona, polo leste co municipio de Rēzekne e polo sur cos municipios de Preiļi e Jēkabpils. O centro do municipio atopábase na cidade de Varakļānu. Aínda que o municipio de Varakļānu estaba situado na rexión histórica de Latgalia, pertencía á rexión de planificación de Vidzeme. No ano 2025, foi re-integrado dentro do municipio de Madona..

Gueto durante o Holocausto As tropas da Alemaña nazi entraron en Varakļāni a principios de xullo de 1941, e xa desde os primeiros días impuxéronse restricións aos xudeus e producíronse os primeiros asasinatos. Estableceuse un gueto provisional xunto ao Cemiterio Xudeu, onde todos os xudeus tiveron que trasladarse. O 4 de agosto, unha unidade SD alemá ("O Comando Arājs"), coa axuda de autodefensas locais, fusilou a case todos os xudeus de Varakļāni (aproximadamente 540 persoas) no territorio do Cemiterio Xudeu.

Despois da guerra, os familiares superviventes erixiron dous monumentos no Cemiterio Xudeu de Varakļāni. Un deles está situado na cerca do cemiterio, onde tivo lugar o masacre dos xudeus. Unha inscrición en ruso e yídish sinala: "Choraremos eternamente polos nosos pais, irmáns e irmás, asasinados polos fascistas en 1941". O outro monumento atópase no interior do cemiterio, no lugar onde foron soterrados os xudeus asasinados, e tamén leva unha inscrición en yídish e ruso: "Lembranza eterna ás vítimas do terror xermano-fascista – os xudeus de Varakļāni, brutalmente asasinados o 4 de agosto de 1942".

Cada ano, o primeiro domingo de agosto, celébrase un acto conmemorativo no Cemiterio Xudeu de Varakļāni, dedicado aos xudeus asasinados en Varakļāni..

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Organización territorial de Letonia Rexións de Letonia

Varakļāni