Gabriel Gonzálvez Manzanares, nado en La Línea de la Concepción no século XX, é un profesor, terapeuta e político español do Partido Popular.

Traxectoria Licenciado pola Universidade de Sevilla e pola Universidade Complutense de Madrid, foi alcalde en funcións de La Línea de la Concepción.

É membro do Partido Popular e primeiro tenente de alcalde do Concello de La Línea de la Concepción. Concelleiro de Educación, Cidadanía e Limpeza, de 2007 a 2011, foi alcalde dende o 14 de setembro ao 14 de outubro de 2009, tras a sentenza do anterior alcalde, Juan Carlos Juárez, ao que posteriormente sucedeu Alejandro Sánchez García.

Tamén foi profesor e doutor en educación na Universidade Complutense de Madrid e formou parte do Gabinete de Comunicación da Mancomunidade de Municipios do Campo de Xibraltar.

Notas

Categoría:Nados en La Línea de la Concepción Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Políticos do PP de Andalucía Categoría:Alumnos da Universidade de Sevilla Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Alcaldes de La Línea de la Concepción