King of Clones é un filme documental de 2023 dirixido por Aditya Thayi. Estreado en Netflix, o filme explora o caso do científico surcoreano Hwang Woo-suk e a súa relación coa clonación humana.
Descrición Netflix describe o documental como "Despois de revolucionar o mundo co seu traballo na clonación humana, un científico cae en desgraza. Agora volve, esta vez con mascotas e especies extintas".
Estrea O filme estreouse o 23 de xuño de 2023 a través de Netflix.
Véxase tamén Outros artigos Ética da clonación
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes sobre clonación