A fotólise flash é unha técnica de laboratorio de bomba-sonda, na cal se excita primeiro unha mostra por medio dun pulso de luz forte dun láser pulsado dun nanosegundo, picosegundo ou femtosegndo ou por outra fonte de luz de pulso curto como unha lámpada flash de magnesio. Este primeiro pulso forte chámase pulso de bomba e fai comezar unha reacción química ou causa un incremento da poboación de átomos ou moléculas para niveis enerxéticos distintos do estado fundamental dentro dunha mostra de átomos ou moléculas. Normalmente a absorción da luz pola mostra rexístrase dentro de curtos intervalos de tempo (polo denominado pulsos de test ou pulsos de sonda) para monitorizar a relaxación ou procesos de reacción iniciados polo pulso de bomba.

A fotólise flash foi desenvolvida pouco despois da Segunda Guerra Mundial como un resultado dos intentos dos científicos militares de construír cámaras o suficientemente rápidas como para fotografar mísiles en voo. A técnica desenvolvérona en 1949 Manfred Eigen, Ronald George Wreyford Norrish e George Porter, que gañaron o Premio Nobel de Química de 1967 por este invento. Nos seguintes 40 anos a técnica fíxose máis potente e sofisticada debido a desenvolvementos en óptica e láseres. O interese neste método creceu considerablemente a medida que aumentaban as súas aplicacións prácticas en áreas que van desde a química á bioloxía, ciencia dos materiais e ciencias ambientais. Hoxe, os dispositivos de fotólise flash son amplamente utilizados polos investigadores para estudar os procesos inducidos pola luz en moléculas orgánicas, polímeros, nanopartículas, semicondutores, fotosíntese en plantas, sinalización, e cambios conformacionais inducidos pola luz en sistemas biolóxicos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Attofísica (1 attosegundo = 10−18 s) Femtoquímica Femtotecnoloxía Espectroscopia láser ultrarrápida Pulso ultracurto

Categoría:Fotoquímica Categoría:Cinética química Categoría:Espectroscopia