10 francosXenio da Liberdade"10 francs Génie de la Liberté". Numista.com130x130px130x130pxA/: Xenio alado da liberdade, na praza da Bastilla. Lenda: R F.R/: Valor facial. Data. Lenda: LIBERTÉ / ÉGALITÉ / FRATERNITÉ Período: 5ª República Francesa. Datas: 1988-2001 Desmonetizada: 17 de febreiro de 2005. Ceca: Monnaie de Paris. Deseño: Jean Luc Maréchal. Tiraxe total: 978.322.536 exemplares. Metal: Cu, Al, Ni. Diámetro: 23,00 mm. Peso: 6,50 g. Espesor: 2,10 mm. Canto: 5 series de 12 estrías cada unha.

A moeda de 10 francos Xenio da Liberdade é unha moeda co valor facial de 10 francos franceses emitida entre 1988 e 2001, caracterizada por amosar no seu anverso unha imaxe do xenio da liberdade, da praza da Bastilla, en París.

Esta moeda creouse para substituír os anteriores 10 francos Mathieu, que resultaban demasiado pesados para a circulación, e foi retirada da circulación en 2002, coa chegada do euro.

Caracterización A composición, as características métricas e os deseños veñen fixados por un decreto do 9 de marzo de 1988."Arrêté du 9 mars 1988 fixant les caractéristiques de la nouvelle pièce de 10 F". Legifrance.gouv.fr

Composición A moeda, emitida para a súa posta en circulación ordinaria foi a primeira emitida en Francia cunha composición bimetálica. O seu centro é de níquel, en tanto que o aro que o rodea está cuñado nunha aliaxe composta por cobre (92 %), aluminio (6 %) e níquel (2 %).

Malia as dificultades que esta composición supón para a falsificación, dous anos despois da súa posta en circulación comezaron a detectarse pezas falsas, e calcúlase que en 1995 estas supuñan un 1 % das que estaban en circulación.Coroller, C. (1995). "Les faussaires sèment des pièces de 10 F sur la Riviera. 1% des pièces en circulation seraient des imitations". En Libération. 21 de outubro.

Deseño O seu deseño correspóndelle ao gravador Jean Luc Maréchal."El genio de la libertad y la moneda de 10 francos de 1988". En Bahamon, F. D. (2022). "Entrevista al maestro grabador Jean Luc Maréchal". En Revista El Tinto Numismático. Fundación Museo Internacional de la Moneda. Vol. II. Nº 1. Páxinas 10-14. O motivo principal do anverso é unha representación do xenio de bronce creado por Auguste Dumont, que coroa a Columna de Xullo, na praza da Bastilla en París, erixida para conmemorar os Tres Días Gloriosos de 1830. Esta imaxe está flanqueada polas iniciais R F (de République Française), e o conxunto adórnase polo exterior por uns motivos xeométricos.miniatura|283x283px|O xenio da liberdade, da praza da Bastilla, reproducido no anverso da moeda.Pola súa banda, no centro do reverso indícase o valor facial da moeda e a súa data de emisión, tamén con algúns adornos xeométricos e todo rodeado polo lema nacional francés LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ.

O canto da moeda é estriado descontínuo, con cinco series de doce estrías cada unha.

Tiraxes No seguinte cadro reflíctense as tiraxes anuais da moeda, que abranguen tanto as emitidas para a circulación ordinaria como as cuñadas cun acabamento especial para coleccionistas. A maiores, en 1988 cuñáronse a modo de proba 1.850 exemplares coa palabra ESSAI ("proba") inscrita no campo do reverso."10 francs Génie de la Liberté Essai". Numista.com DataExemplares198899.992.5761989249.980.4491990250.000.0111991249.989.511199299.968.80919933.09519943.707DataExemplares199519.011199617.013199715.000199825.000199925.500200028.156.0132001125.000

Emisións especiais Á parte da súa emisión ordinaria, destinada á súa posta en circulación, existe tamén outra de presentación e investimento, con idéntico deseño e dimensións que os da moeda circulante, emitida exclusivamente no primeiro ano de emisión da moeda, 1988. Esta ten unha tiraxe limitada a 5.000 exemplares e componse dun aro exterior de ouro de 750‰ (aliado con prata e cobre) e un centro de ouro de 950 ‰ (aliado con prata e paladio). O seu peso é de 12,00 gramos."10 francs Génie de la Liberté (pièces non circulantes)". Numista.com

A partir de 1991 comezou a emitirse anualmente unha versión idéntica á ordinaria mais co canto totalmente liso, sen as habituais estrías. Estas emisións teñen tiraxes curtas e están destinadas ao coleccionismo."10 francs Génie de la Liberté tranche lisse". Numista.com Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094

Outros artigos

Monnaie de Paris Franco francés Moeda de 10 francos Mathieu Moeda de 10 francos Conquista do Espazo Moeda de 10 francos Victor Hugo Moeda de 10 francos Léon Gambetta Moeda de 10 francos Montesquieu Moeda de 10 francos Roland Garros

Ligazóns externas

Cotización da moeda no mercado numismático

Categoría:Moedas de 10 francos franceses Categoría:Moedas conmemorativas Categoría:Moedas fóra de curso