A enoíl-ACP-redutase ou enoíl-[proteína transportadora de acilos]-redutase (NADH), é un encima oxidorredutase que cataliza a reacción: trans-2,3-deshidroacil-ACP + NADH+H+ ←→ acilo-ACP + NAD+.
Aquí, ACP significa proteína transportadora (/portadora/carexadora) de acilos, do inglés acyl carrier protein.
É un dos encimas do complexo da ácido graxo sintase da biosíntese de ácidos graxos. Cataliza a redución do dobre enlace 2,3 en derivados enoíl-acil-[proteína transportadora de acilos] do resto de ácido graxo en elongación. En Escherichia coli ese encima acepta substratos con cadeas carbonadas de 4 a 18 C,Yu, X., Liu, T., Zhu, F. and Khosla, C. In vitro reconstitution and steady-state analysis of the fatty acid synthase from Escherichia coli. Proc. Natl. Acad. Sci. USA 108 (2011) 18643-18648. e o de Mycobacterium tuberculosis, de 12 a 24 C.Quemard, A., Sacchettini, J.C., Dessen, A., Vilcheze, C., Bittman, R., Jacobs, W.R., Jr. and Blanchard, J.S. Enzymatic characterization of the target for isoniazid in Mycobacterium tuberculosis. Biochemistry 34 (1995) 8235-8241. Rozwarski, D.A., Vilcheze, C., Sugantino, M., Bittman, R. and Sacchettini, J.C. Crystal structure of the Mycobacterium tuberculosis enoyl-ACP reductase, InhA, in complex with NAD+ and a C16 fatty acyl substrate. J. Biol. Chem. 274 (1999) 15582-15589.
O encima tamén se chama ENR (xene FabI) e é unha interesante diana de fármacos antibacterianos de espectro estreito debido ao seu papel esencial no metabolismo e a súa conservación de secuencia en moitas especies bacterianas. Ademais, a secuencia do encima bacteriano e a súa organización estrutural son claramente diferentes dos encimas que fan a biosíntese de ácidos graxos en mamíferos.
A baixas concentracións, os desinfectantes triclosán e triclocarbán proporcionan un efecto bacteriostático ao unirse a este encima. A atromentina e a leucomelona posúen actividade antibacteriana ao inhibiren este encima na bacteria Streptococcus pneumoniae.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Enoíl-(proteína transportadora de acilos) redutase (NADPH, A-específica) Enoíl-(proteína transportadora de acilos) redutase (NADPH, B-específica) Cis-2-enoíl-CoA redutase (NADPH)
Ligazóns externas
Categoría:Oxidorredutases