John Sheepshanks, nado en Leeds en 1787 e finado en Londres en 1863, foi un coleccionista de arte e empresario británico que desenvolveu a súa actividade profesional na industria téxtil.

Traxectoria

Naceu en Leeds no ano 1787, fillo dun comerciante téxtil. A súa irmá Anne foi benefactora de accións relacionadas co campo da astronomía. O seu irmán Richard foi educado na Universidade de Cambridge e exerceu como astrónomo. John traballou como socio do pai na empresa téxtil, retirándose profesionalmente en 1833.

John Sheepshanks tamén estivo moi involucrado no campo do coleccionismo de arte, con especial interese en pinturas de artistas do Reino Unido. En 1857 realizou unha doazón ao Victoria and Albert Museum con 233 pinturas e centos de láminas de debuxos. A. M. Clerke, ‘Sheepshanks, Richard (1794–1855)’, rev. Michael Hoskin, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004; online edn, May 2011 accessed 16 March 2017

John faleceu solteiro o día 5 de outubro de 1863, na cidade de Londres.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas John Sheepshanks no Victoria & Albert Museum

Categoría:Nados en 1787 Categoría:Finados en 1863 Categoría:Empresarios do Reino Unido Categoría:Coleccionistas de arte Categoría:Nados en Leeds