Onomacles (latín: Onomacles, grego antigo Ονομακλη̂ς) foi un comandante ateniense que, xunto con Frínico e Escirónides, liderou os atenienses e arxivos contra Mileto no ano -412, unha cidade que contaba co apoio do xeneral espartano Calcideo e do sátrapa persa Tisafernes.
Traxectoria Despois dunha batalla, Onomacles preparouse para cercar Mileto cando chegou a frota lacedemonia e despois navegou cara a Samos. Alí recibiu reforzos e cos xenerais Estrombíquides e Euctemón dirixiuse a Quíos.
Probabelmente era o mesmo Onomacles que aparece na lista dos Trinta Tiranos no ano -404, segundo XenofonteOnomacles en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 29.. Notas
categoría:Personalidades de Atenas na Antigüidade Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -V Categoría:Finados no século -V Categoría:Militares da Grecia antiga Categoría:Gobernantes da Grecia antiga