Julien Bailhache, nado en Cotentín, Normandía, en 1882 e finado o 7 de outubro de 1949, foi un médico e numismático francés.

Traxectoria

Julien Bailhache naceu en 1882 na península normanda de Cotentín.Prieur, P. (1949). Páxinas 197-198.

Médico de profesión, afeccionouse á numismática na súa xuventude e converteuse nun importante coleccionista, estudoso e investigador da moeda francesa, sobre a base de fontes orixinais, cun particular interese nas emisións da Guerra dos cen Anos e das guerras de relixión.Prieur, P. (1949). Páxina 199.

A maior parte dos seus artigos foron publicados polas revistas Revue numismatique e Courrier numismatique.Prieur, P. (1949). Páxinas 200-201.

Estivo máis de catro décadas vinculado á Sociedade Francesa de Numismática, unha entidade na que ingresou o 1 de decembro de 1906 e que presidiu durante dous períodos, de 1924 a 1926 e de 1932 a 1933."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).. Logo da súa presidencia, foi nomeado membro honorario en 1935 e, finalmente, presidente honorario en 1946."Présidents et membres d’honneur". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). Igualmente, foi membro do comité editorial da revista oficial da Sociedade, a Revue numismatique, a partir de 1928.Prieur, P. (1949). Páxinas 197, 199.

Julien Bailhache finou o 7 de outubro de 1949.Prieur, P. (1949). Páxina 197.

Recoñecementos

1926: Premio Duchalais, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.Prieur, P. (1949). Páxina 198.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Prieur, P. (1949). "Nécrologie: Le Dr. Julien Bailhache". En Revue numismatique. Tomo XI. Páxinas 197-201.

Categoría:Nados en 1882 Categoría:Nados na Normandía Categoría:Finados en 1849 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática