Cleomedes (en grego antigo Κλεομήδης, en latín Cleomedes) foi un astrónomo da antiga Grecia autor dun tratado elemental de astronomía titulado Sobre os movementos circulares dos corpos celestes. Traxectoria Non se sabe nada da súa vida. Pode que vivise entre un pouco antes e outro pouco despois de Claudio Tolomeo, cuxas obras certamente coñecía, pero xeralmente sitúase nun período de tempo entre o 186 e o 390, aínda que o seu tratado é de datación imposíbel. Trátase dunha obra sobre astronomía titulada Os ceos (en grego Μετέωρα, en latín Caelestia) en dous libros, que durante o Renacemento se coñeceu como De motu circulari corporum celestium ('Sobre o movemento circular dos corpos celestes'), no que expuxo dun xeito moi elemental o sistema do universo, seguindo as teorías de Posidonio. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Astrónomos da Grecia antiga Categoría:Personalidades sen imaxes