A dos láridos (Laridae) é unha familia de aves acuáticas da orde dos caradriformes e suborde dos laros.

Comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas.

Son aves mariñas de mediano a gran porte (a máis pequena, Hydrocoloeus minutus, mide 29 cm e ten unha masa corporal de 120 g, e a máis grande, Larus marinus, ten unha lonxitude de 76 cm e unha masa de 1,75 kg). Tipicamente a súa plumaxe é gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e teñen as patas palmadas. Distribuídas por todo o mundo, moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas tespectivas áreas de distribución.

Estreitamente relacionadas cos membros da familia dos estérnidos e, máis afastadamente, coas aves zancudas, a maioría das súas especies pertencen ao xénero Larus, que é o tipo da suborde e da familia.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1815 polo polímata, naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.

Etimoloxía O nome científico da familia, Laridae, está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Larus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio do nome das familias de animais.

Nota taxonómica Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse no xénero Larus, incluso ao longo do século XX.Dwight, J. (1925): "The Gulls of the World". Bulletin of the American Museum of Natural History 52: 63-401.Moynihan, M. (1959): "A revision of the family Laridae (Aves)". American Museum Novitates 1928: 1–42. Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.

En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.<ref name=Pons>Pons, J. M., Hassanin, A. & Crochet, P. A. (2005): "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers". Molecular phylogenetics and evolution 37 (3): 686-699.</ref> Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía, e o outro sobre caracteres moleculares, avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros: Chroicocephalus (11 especies) Hydrocoloeus (2 especies) Ichthyaetus (6 especies) Larus (24 especies) Leucophaeus (5 especies) Saundersilarus (1 especie).

Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.Sangster, G, Collinson, J. M., Knox, A. G., Parkin, D. T. & Svensson, L. (2007): "Taxonomic recommendations for British birds: Fourth report". Ibis 149 (4): 853– 857.Banks, R. C., Chesser, R. T., Cicero, C., Dunn, J. L., Kratter, A. W., Lovette, I. J., Rasmussen, P. C., Remsen, J. V. Jr., Rising, J. D., Stotz, D. F. & Winker, K. (2008): "Forty-ninth supplement to the American Ornithologists’ Union check-list of North Americancan birds" The Auk 125 (3): 758–768. Porén, algunhas aínda son obxecto de debate.

Clasificación Subgrupos Moitos ornitólogos distribúen ás gaivotas en dous subgrupos: As gaivotas de cabeza branca e ás grandes, como a Larus argentatus, Larus marinus ou Larus fuscus. As gaivotas de ás brancas menores, como a Larus glaucoides ou Larus hyperboreus.

A hibridación entre as especies de gaivotas adoita ser frecuente, aínda que depende das especies. A taxonomía das gaivotas é complicada, especialmente nas de cabeza branca.

Xéneros e especies miniatura|Larus michahellis miniatura|Chroicocephalus scopulinus miniatura|Larus argentatus miniatura|Larus occidentalis miniatura|Chroicocephalus ridibundus miniatura|Larus canus miniatura|Larus fuscus

Xénero Larus Larus argentatus Pontoppidan, 1763 Larus armenicus Buturlin, 1934 Larus atlanticus Olrog, 1958 Larus belcheri Vigors, 1829 Larus cachinnans Pallas, 1811 Larus californicus Lawrence, 1854 Larus canus Linnaeus, 1758 Larus crassirostris Vieillot, 1818 Larus delawarensis Ord, 1815 Larus dominicanus Lichtenstein, 1823 Larus fuscus Linnaeus, 1758 Larus glaucescens J. F. Naumann, 1840 Larus glaucoides B. Meyer, 182 Larus heermanni Cassin, 1852 Larus hyperboreus Gunnerus, 1767 Larus livens Dwight, 1919 Larus marinus Linnaeus, 1758 Larus michahellis J. F. Naumann, 1840 Larus occidentalis Audubon, 1839 Larus pacificus Latham, 1802 Larus schistisagus Stejneger, 1884 Larus smithsonianus Coues, 1862 Larus thayeri W. S. Brooks, 1915 Larus vegae Palmen, 1887

Xénero Ichthyaetus Ichthyaetus leucophthalmus (Temminck, 1825) Ichthyaetus hemprichii (Bruch, 1853) Ichthyaetus ichthyaetus (Pallas, 1773) Ichthyaetus audouinii (Payraudeau, 1826) Ichthyaetus melanocephalus (Temminck, 1820) Ichthyaetus relictus (Lonnberg, 1931) Ichthyaetus wumizusume (Lonnberg, 1931)

Xénero Leucophaeus Leucophaeus scoresbii Leucophaeus atricilla Leucophaeus pipixcan Leucophaeus fuliginosus Leucophaeus modestusXénero Chroicocephalus Chroicocephalus novaehollandiae Chroicocephalus scopulinus Chroicocephalus hartlaubii Chroicocephalus maculipennis Chroicocephalus cirrocephalus Chroicocephalus serranus Chroicocephalus bulleri Chroicocephalus brunnicephalus Chroicocephalus ridibundus Chroicocephalus philadelphia Chroicocephalus saundersiXénero Hydrocoloeus Hydrocoloeus minutusXénero Rhodostethia Rhodostethia roseaXénero Rissa Rissa tridactyla Rissa brevirostrisXénero Pagophila Pagophila eburneaXénero Xema Xema sabiniXénero Creagrus Creagrus furcatus Características 300px|miniatura|Bando de gaivotas na praia da Concha (Espasante, Ortigueira). As gaivotas son en xeral aves grandes, de cor gris ou branca, a miúdo con pintas negras na cabeza ou nas ás. Adoitan ter bicos robustos, bastante longos. A maioría das gaivotas, particularmente as do xénero Larus, son carnívoras ou detrívoras (tomarán a comida viva ou recollerana do lixo se teñen a oportunidade) que inclúen na súa dieta caranguexos e peixes pequenos..

As gaivotas adoitan ser aves mariñas ou de lagos, ríos e lagoas interiores. Son voadoras de grandes distancias. As especies de maior tamaño tardan ata catro anos en lograr unha plumaxe de adulto, nas gaivotas pequenas este tempo redúcese a dous anos. Son aves con complexos métodos de comunicación e unha estrutura social moi desenvolvida. Certas especies (Larus argentatus) posúen condutas moi complexas..

Moitas especies de gaivota aprenderon a coexistir co home, polo que as súas poboacións medraron en zonas próximas a núcleos urbanos costeiros..

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Outros artigos Caradriformes Laros As aves na cultura popular galega

Ligazóns externas Rudy's Gull-index: Imaxes das distintas especies de gaivotas. The Norwegian Gull Page: Arquivo de tódalas especies de gaivotas de Europa. Imaxes de paxaros - Gaivotas: Imaxes e descricións das gaivotas de España, Países Baixos, Francia e Polonia. Vídeos de Gaivotas na Internet Bird Collection''

Categoría:Láridos