Rafael Ribeiro Martínez, nado en Ourense o 18 de marzo de 1989, é un deseñador gráfico, dramaturgo e director de teatro galego.
Traxectoria Aveciñado en Santiago de Compostela dende 2020, en 2021 funda a compañía de teatro morraoconto xunto a Miguel Gendre e Lara Pouso.
En 2025 escribe e dirixe a súa primeira peza, TROMSØ, estreada o 21 de marzo dese mesmo ano na Casa da Cultura do Milladoiro coas entradas esgotadas.
Esta peza, unha autoficción arredor da perda en ton de realismo máxico, xira en 2025 por máis de trece concellos de Galicia.
TROMSØ publícase en novembro de 2025 na colección de dramaturxia da Erregueté.
Obras
Obra dramática publicada
TROMSØ (2025). Erregueté, Revista Galega de Teatro. 67 páxs. ISBN 978-84-129394-3-9
Representacións
morraoconto
TROMSØ (2025-actual)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Rafa R. Martínez na web de morraoconto.
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1989 Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia