A violencia vicaria (ás veces denominada violencia por substitución) é unha expresión de uso recente aplicada no ámbito da violencia de xénero contra a muller que denomina a unha forma de violencia por interpósita persoa (é dicir, danando a un terceiro para afectar á vítima) pola que un home ataca á filla ou fillo dunha nai co obxectivo de causarlle dor. No caso da violencia vicaria, a violencia de xénero non só ten como vítima a muller, tamén, e principalmente, son vítimas as súas fillas e fillos. Considérase «a expresión máis cruel da violencia de xénero».
Definición A violencia vicaria definiuse como un tipo de violencia perpetrada por un proxenitor maltratador como medio para prexudicar o outro proxenitor utilizando os seus fillos e mesmo descendentes comúns, o que en casos extremos pode levar á súa morte. Adoita perpetrarse contra menores, pero tamén pode levarse a cabo contra calquera outro ben ou persoa valorada pola muller maltratada, como as mascotas .
A psicóloga clínica e feminista arxentina Sonia Vaccaro, que leva estudando este tipo de violencia desde 2012, acuñou o concepto violencia vicaria.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Vítimas mortais da violencia machista en Galicia Violencia contra as mulleres
Categoría:Psicoloxía social Categoría:Violencia de xénero