miniatura|dereita|250px|O páramo de Sumapaz, o meirande páramo do mundo, era fogar dos sutagaos. Os sutagaos foron un pobo indíxena de fala muisca Historia de Sumapaz orixinario da rexión de Fusagasugá, da sabana de Bogotá, en Colombia. O coñecemento sobre os sutagaos foi achegado polo estudoso Lucas Fernández de Piedrahita. Los Sutagaos
Etimoloxía O nome sutagao deriva dos termos chibchas Su(t)á; "Sol" e gao; "fillo"; "Fillos do Sol".
Historia Antes da conquista española, os sutagaos estaban en conflito cos muiscas ao nordeste. O zipa Saguamanchica conquistou os sutagaos arredor de 1470 cando o cacique dos sutagaos perdeu na batalla de Pasca. O conquistador Hernán Pérez de Quesada, irmán de Gonzalo Jiménez de Quesada someteu os sutagaos ao novo goberno do Novo Reino de Granada.
Os sutagaos habitaron a rexión ata que Bernardino Albornoz fundou unha nova vila entre o 5 e o 13 de febreiro de 1592. Durante a visita de Miguel de Ibarra había 759 indíxenas residindo en Fusagasugá. Cando Aróstequi chegou en febreiro de 1760, a poboación indíxena diminuíra a 85, e había 644 novos colonos divididos entre 109 familias.
Territorios Concellos pertencentes ao territorio sutagao Os sutagaos eran un grupo indíxena relativamente pequeno que vivía entre o páramo de Sumapaz e o río Pasca.
Nome Departamento Altitude (m)centro urbano Mapa Fusagasugá Cundinamarca 1756 100px|center Arbeláez Cundinamarca 1417 100px|center Pandi Cundinamarca 1600 100px|center San Bernardo Cundinamarca 1600 100px|center Venecia Cundinamarca 1423 100px|center Cabrera Cundinamarca 2560 100px|center Sumapaz Cundinamarca 3500 100px|center
Notas
Categoría:Pobos indíxenas de Colombia