Xosé Manuel Blanco Gil, nado en Ourense en 1946 e finado en Ciudad Juárez o 26 de novembro de 2010, foi un actor e dramaturgo galego.

Traxectoria

Licenciado en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica) pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciouse no teatro universitario en Compostela e foi actor do grupo Valle Inclán de Ourense, dirixido por Segundo Alvarado, onde recibiu formación teatral, e participou no seu espectáculo Don Hamlet. En 1970 realizou un curso de Formación, Expresión Teatral e Imaxe en Estugarda (Alemaña).

En 1970 fundou a compañía de teatro Histrión 70 onde dirixiu varios espectáculos como Antígona (1976), a partir da adaptación de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), a partir do texto de J. Díaz. Comezou a traballar en Portugal en 1976, e foi director do Teatro Experimental do Porto en 1979. En 1980 fundou o Teatro Ibérico, onde puxo en escena obras de Valle-Inclán, García Lorca, Gil Vicente, António Ferreira, Ionesco e outros autores. En 1990 foi nomeado director do Centro Dramático Galego,La Voz de Galicia, Santiago, 17-5-1990, p. 28. onde dirixiu Yerma. Foi destituído do cargo en decembro dese ano.La Xunta de Galicia destituye al director del Centro Dramático GallegoLa Voz de Galicia, 21-12-1990, p. 67. Era membro da loxa masónica do Grande Oriente Lusitano, e foi condecorado, en 1993, coa Comenda da Ordem de Mérito Cultural polo presidente da República Portuguesa Mário Soares.La Voz de Galicia, 9-6-1993, p. 68.

Finou o 26 de novembro de 2010 en Ciudad Juárez (México), vítima dun aneurisma cerebral, despois dunha representación do espectáculo «Días Negros», unha coprodución do Teatro Ibérico e da Compañía Teatral Candilejas del Desierto, que codirixía e tamén axudou a fundar.Blanco GilXosé Blanco Gil, un dramaturgo galego afincado en Portugal e México

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Teatro Ibérico

Categoría:Actores de Ourense Categoría:Directores de teatro de Galicia

Categoría:Dramaturgos de Galicia

Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Finados en 2010