Elizabeth Denby, nada en Bradford ( Yorkshire, Reino Unido) en 1894 e finada en 1965, foi unha arquitecta destacada no estudo e construción de modelos de vivenda para as clases traballadoras inglesas.

Entre 1933 e 1957, foi membro do prestixioso Modern Architectural Research Group (MARS). Tamén colaborou co arquitecto Maxwell Fry (1899-1987) no deseño de dous bloques de vivendas para realoxar familias que vivían en zonas desfavorecidas: Sassoon House (1933-1934) e Kensal House (1933-1937). Denby mostrou especial interese en garantir que ambos edificios mostrasen as teorías e prácticas desenvolvidas polas mulleres en relación coas estratexias e tecnoloxías de aforro de man de obra. Tamén sostiña que as novas urbanizacións deberían incluír servizos e comodidades comunitarias. O proxecto Sassoon House formaba parte dun barrio experimental, Experimento de Peckham, no que se intentou resolver o problema da vivenda mantendo a mesma localización, sen recorrer ao traslado a un barrio con xardín.

''"A través do deseño funcional das cociñas e da integración de espazos intermedios e colectivos nas vivendas, persegue o obxectivo de influír no desenvolvemento da sociedade e na conformación dunha comunidade."

Notas

Categoría:Finados en 1965 Categoría:Nados en 1894 Categoría:Arquitectos do Reino Unido