Stella de Cal, nada en Ortigueira o 18 de xullo de 1920 e finada en Londres cara a finais de 2020, foi unha tradutora galega en lingua castelá. Destacou por ser a primeira tradutora ao castelán das obras de Agatha Christie.
Traxectoria Stela de Cal naceu en Ortigueira en 1920, mais a súa familia trasladouse a Reino Unido cando aínda era unha nena. Porén, veraneaba na súa terra natal todos os anos. Fan da obra de Agatha Christie, decidiu verter ao castelán The Mysterious Affair at Styles para que a súa nai puidese tamén lela. Como resultado desa tradución, conseguiu un contrato coa Editorial Molino de Barcelona durante a década de 1950. De Cal traduciu con esa mesma editorial outras dez novelas de Christie, que aínda continúan a reeditarse.
Polo seu centésimo aniversario, o 18 de xullo de 2020, recibiu unha felicitación da monarca británica Isabel II e unha copia da portada de La Voz de Galicia correspondente ao día do seu nacemento.
Faleceu en decembro de 2020 a causa da pandemia da Covid-19.
Notas
Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19